Abrir o menú principal

Dalia García Couso

Dalia García Couso, nada en Melide o 29 de setembro de 1985, é unha política galega do PPdeG, alcaldesa da súa vila natal dende o 17 de outubro de 2015.

Dalia García Couso
Nome completoDalia García Couso
Nacemento29 de setembro de 1985
 Melide
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónpoliticóloga
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciada en Ciencias Políticas pola USC, chegou a exercer como docente a partir de 2013 nesta universidade. En abril de 2010 foi elixida presidenta das Novas Xeracións do Partido Popular en Melide. Nas eleccións municipais de 2011 presentouse na candidatura do PPdeG en Melide no posto número 8 e foi elixida concelleira, ocupándose das áreas de Xuventude, Novas Tecnoloxías e Medios de Comunicación. Nas eleccións autonómicas de 2012 foi candidata a deputada polo PPdeG pola provincia da Coruña, ocupando o posto número 3 dos suplentes. Nas municipais de 2015 volveu a repetir no número 8 da lista popular en Melide, sendo reelixida e mantendo as competencias da anterior lexislatura. En outubro de 2015, trala dimisión da alcaldesa Ánxeles Vázquez, foi elixida o día 17 nova alcaldesa na súa substitución.

Nas eleccións municipais de 2019 non foi escollida e sucedeuna José Manuel Pérez Penas, de Adiante Melide.[1]

Predecesor:
Ánxeles Vázquez Mejuto
  
Alcaldesa de Melide
 
2015 -2019
Sucesor:
José Manuel Pérez Penas

Véxase taménEditar