María Socorro Cea Vázquez

política galega

María Socorro Cea Vázquez, nada en Melide o 1 de abril de 1970, é unha mestra e política galega vinculada ao BNG.

María Socorro Cea Vázquez
Nacemento1 de abril de 1970
Lugar de nacementoMelide
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítica
CónxuxeXosé de Cea
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

A súa primeira aparición en política foi en 1999 ocupando o posto número cinco da candidatura do BNG de Melide. En 2003 encabezou a candidatura nacionalista. Meses despois foi elixida deputada provincial polo BNG. Foi voceira do BNG na Deputación da Coruña durante o mandato 2003-2007. A finais de 2003 foi elixida membro do Consello Nacional e da Executiva Nacional do BNG, responsabilidades que abandonou a finais de 2006 para dedicarse por completo á política municipal.

Nas eleccións municipais de 2007 preséntase por segunda vez como cabeza de lista do BNG, obtendo seis concelleiros o que fai perder a maioría absoluta ao PP. En xuño de 2007 foi elixida alcaldesa de Melide co apoio do único concelleiro do PSOE, con quen gobernou ata o final da lexislatura. Nas municipais de 2011 perdeu a alcaldía en favor do PPdeG, que logrou a maioría absoluta.


Predecesor:
Ángeles Vázquez Mejuto
  
Alcaldesa de Melide
 
2007 - 2011
Sucesor:
Ángeles Vázquez Mejuto


Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar