Santa Irene, Arca, O Pino

lugar da parroquia de Arca, no concello do Pino

Santa Irene é un lugar da parroquia de Arca, no concello coruñés do Pino, na comarca de Arzúa. Segundo o IGE,[1] en 2019 tiña 8 habitantes (3 homes e 5 mulleres).

Santa Irene

Capela de Santa Irene, que dá nome á aldea
ParroquiaArca
ConcelloO Pino
Coordenadas42°54′59″N 8°19′54″O / 42.9165, -8.33175
Poboación8 hab. (2019)
editar datos en Wikidata ]

Antes do seu traslado ao Pedrouzo, a casa do concello do Pino atopábase no actual Albergue Público de Peregrinos de Santa Irene, que está a 330 m. ao oeste do núcleo principal de casas de Santa Irene, en plena N-547[2].

A ermida de Santa Irene data do século XVIII e ten unha planta rectangular e dous corpos, sendo o absidal de maior altura e traza máis antiga[3]. No interior destaca un elaborado retablo neoclásico de tres rúas[4].

Na contorna atópase o chamado castro da Roda do Castro, ao norte do monte de Astrar e ao sueste do núcleo de Santa Irene, nunha cota media de 400 metros. Está pouco alterado, pero non está escavado[5].

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Arca

editar
Lugares da parroquia de Arca no concello do Pino (Provincia da Coruña)

Astrar | O Burgo | A Igrexa | O Lameiro | O Monte | O Outeiro | Pazos | O Pedrouzo | O Picón | A Rúa | Samil | Santa Irene | Santo Antón | Vilaboa

Parroquias do Pino

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias do Pino

Arca (Santaia) | Budiño (Santa María) | Castrofeito (Santa María) | Cebreiro (San Xiao) | Cerceda (San Miguel) | Ferreiros (San Breixo) | Gonzar (Santa María) | Lardeiros (San Xiao) | Medín (Santo Estevo) | Pastor (San Lourenzo) | Pereira (San Miguel) | O Pino (San Vicenzo) | San Mamede de Ferreiros (San Mamede)

  1. Xunta de Galicia (ed.). "Instituto Galego de Estatística, consulta do nomenclátor". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 27 de abril de 2021. 
  2. Morán, Xurde (1-10-2015). "O Pino (Galicia): de Santa Irene hacia A Rúa, O Pedrouzo, Santo Antón y O Amenal en la etapa final a Santiago". Xurde Morán (blog) (en castelán). Consultado o 18-8-2020. 
  3. "Arquitectura Religiosa (Ermitas). Ermita de Santa Irene" (pdf). patrimoniodeopino.es (en castelán). p. 1. 
  4. Guía del patrimonio natural y cultural del Ayuntamiento de O Pino (en castelán). Concello do Pino. p. 23. 
  5. Guía del patrimonio natural y cultural del Ayuntamiento de O Pino (en castelán). Concello do Pino. p. 94.