John Coltrane
John William Coltrane, nado en Hamlet (Carolina do Norte) o 23 de setembro de 1926 e finado en Nova York o 17 de xullo de 1967, de alcume Trane, foi un saxofonista e compositor de jazz estadounidense.
John Coltrane | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 23 de setembro de 1926 |
Lugar de nacemento | Hamlet |
Falecemento | 17 de xullo de 1967 |
Lugar de falecemento | Huntington e Nova York |
Causa | insuficiência hepática e cancro de fígado |
Soterrado | Pinelawn Memorial Park |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Etnia | Afroamericano |
Alma máter | Combs College of Music e William Penn High School |
Ocupación | líder de banda, compositor, director de orquestra, músico de jazz, saxofonista, músico e cantante |
Cónxuxe | Alice Coltrane |
Fillos | Ravi Coltrane |
Coñecido por | A Love Supreme, Giant Steps, Giant Steps, My Favorite Things, Naima, Ascension, Coltrane changes e Sheets of sound |
Premios | Grammy á carreira artística, 100 Greatest African Americans, Prémio Pulitzer de Música e North Carolina Music Hall of Fame |
Na rede | |
https://www.johncoltrane.com/ e https://www.discogs.com/de/artist/97545-John-Coltrane | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

TraxectoriaEditar
Aínda que existen gravacións súas dende 1946, a carreira discográfica de Coltrane non comezou ata 1955. De 1957 en adiante gravou e produciu ducias de álbums, moitos deles non editados até anos despois da súa morte.
Foi un dos músicos máis influentes da historia do jazz. Reformulou o jazz moderno e foi a principal influencia das sucesivas xeracións de saxofonistas. Xunto cos saxofonistas tenores Coleman Hawkins, Lester Young e Sonny Rollins, alterou fondamente a linguaxe do instrumento.
Morreu de cancro de fígado aos 40 anos o 17 de xullo de 1967 no hospital Huntington de Long Island. O seu funeral tivo lugar catro días despois na igrexa luterana de San Pedro, na cidade de Nova York. O servizo foi iniciado polo Albert Ayler Quartet e rematado polo Ornette Coleman Quartet. Foi inhumado no cemiterio Pinelawn en Farmingdale, Nova York.
Discografía seleccionadaEditar
Con Prestige e Blue NoteEditar
- Coltrane (1957)
- Blue Train (1958)
- John Coltrane with the Red Garland Trio (1958)
- Soultrane (1958)
Con AtlanticEditar
- Giant Steps (1960)
- Coltrane Jazz (1961)
- My Favorite Things (1961)
- Olé Coltrane (1961)
Con Impulse!Editar
- Africa/Brass (1961)
- Live! at the Village Vanguard (1962)
- Coltrane (1962)
- Duke Ellington & John Coltrane (1963)
- Ballads (1963)
- John Coltrane and Johnny Hartman (1963)
- Impressions (1963)
- Live at Birdland (1964)
- Crescent (1964)
- A Love Supreme (1965)
- The John Coltrane Quartet Plays (1965)
- Ascension (1966)
- New Thing at Newport (1966)
- Meditations (1966)
- Live at the Village Vanguard Again! (1966)
- Kulu Sé Mama (1967)
- Expression (1967)
Ligazóns externasEditar
- Páxina web oficial (en inglés)