Post-bop

estilo de música jazz

Post-bop é un termo que designa a un estilo de jazz que evolucionou entre principios e mediados dos 60. O xénero orixínase a partir dos traballos de músicos como John Coltrane, Miles Davis, Bill Evans, Charles Mingus, Wayne Shorter e Herbie Hancock.

Historia e características

editar

En xeral, o termo post-bop emprégase para designar o jazz feito dende mediados dos 60 en adiante que asimila a influencia do hard bop, o modal jazz, o jazz de vangarda e o free jazz, sen ser necesariamente identificable como algún deles. O termo é moi recente e (como "Northern soul") non se empregou mentres o xénero estaba en vigor.

Moito do "post-bop" foi gravado en Blue Note Records. Os álbums clave son Speak No Evil de Wayne Shorter; The Real McCoy de McCoy Tyner; Maiden Voyage de Herbie Hancock e Search For the New Land de Lee Morgan (un artista que non se adoita asociar ao xénero). Moitos dos músicos post-bop traballaron tamén noutros xéneros, en particular no posterior hard bop.

A principios dos 70, moitos dos principais músicos post-bop pasáronse ao jazz fusion. Wynton e Branford Marsalis resucitaron o xénero a comezos 80, movemento que continúa ata hoxe.

Lista parcial de músicos ou grupos relacionados co post-bop

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar