Hard bop
O hard bop é estilo musical que é unha extensión do bebop que incorpora influencias do rhythm and blues, o gospel e o blues, especialmente no estilo de tocar o piano e o saxo.
Historia e características
editarA execución do baixo é máis variada, debido en parte á prominencia de virtuosos tales coma Charles Mingus e Ray Brown. Preténdese, en parte, que sexa máis accesible á audiencia non familiarizada co bebop. Así mesmo, David H. Rosenthal sostén no seu libro Hard Bop que é a creación natural dunha xeración de músicos afroamericanos que medraron nun momento no que o bebop e o rhythm and blues eran as formas dominantes da música afroamericana.
O hardbop difire do bebop no abuso consciente, para acadar un efecto dramático e excitante, de contrastes de dinámica, ritmo harmónico e estilos rítmicos na composición.[1] Existe ademais un uso extensivo de riffs, kicks, breaks, motivos rítmicos e figuras tocadas tutti.
Músicos de hard bop foron, entre outros, Cannonball Adderley, Art Blakey, Clifford Brown, Donald Byrd, Sonny Clark, John Coltrane, Lou Donaldson, Miles Davis, Kenny Drew, Benny Golson, Dexter Gordon, Joe Henderson, Andrew Hill, Freddie Hubbard, Jackie McLean, Charles Mingus, Blue Mitchell, Hank Mobley, Thelonious Monk, Lee Morgan, Sonny Rollins e Horace Silver.
O hard bop desenvolveuse nos 50 e 60 e gozou da súa maior popularidade nesa época, mais os intérpretes de hard bop e os elementos desta música, mantéñense con vigor no jazz.
O soul jazz naceu do hard bop.
Notas
editar- ↑ Ron Miller, Modal Jazz Composition and Harmony.