Bill Evans
William John Evans, máis coñecido coma Bill Evans, nado o 16 de agosto de 1929 e finado o 15 de setembro de 1980, foi un dos pianistas de jazz máis famosos do século XX, converténdose nunha das principais influencias do piano de jazz de despois dos 50. O seu emprego da harmonía impresionista, a súa interpretación imaxinativa do repertorio tradicional de jazz e as súas liñas melódicas sincopadas e polirrítmicas influenciaron a toda unha xeración de pianistas, entre os que se inclúen: Herbie Hancock, Chick Corea e Keith Jarrett, e o seu traballo segue a inspirar a pianistas máis novos tales coma Fred Hersch, Esbjörn Svensson, Bill Charlap e Lyle Mays así coma a outros músicos tales coma o guitarrista John McLaughlin.
Bill Evans | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | William John Evans |
Nacemento | 16 de agosto de 1929 |
Lugar de nacemento | Plainfield |
Falecemento | 15 de setembro de 1980 |
Lugar de falecemento | Nova York |
Causa | cirrose hepática |
Soterrado | Baton Rouge |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Southeastern Louisiana University, Mannes College The New School for Music e North Plainfield High School |
Ocupación | jazz pianist, compositor, director de orquestra e líder de banda |
Coñecido por | Waltz for Debby e Peace Piece |
Premios | Grammy á carreira artística |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |