Saxofón alto

tipo de saxofón

Un saxofón alto, tamén coñecido como saxo alto ou simplemente alto, é un instrumento de vento-madeira membro da familia dos saxofóns e inventado na década de 1840 polo fabricante de instrumentos musicais belga Adolphe Sax,[1] quen o patentou en 1846.[2] Está afinado en Mi♭ e é máis pequeno que o saxofón tenor, pero meirande que o soprano. O saxo alto é o saxofón máis común e amplamente usado na música popular, bandas de música, música de cámara, repertorio para solista, bandas de música militares, bandas de marcha e no jazz (como en big bands, bandas de jazz e música swing). A dixitación do saxo alto é idéntica á do resto de saxofóns, polo que un saxofonista pode tocar calquera tipo de saxofón.

Saxofón alto
Yamaha Saxophone YAS-62.tif
Información
ClasificaciónInstrumento de vento-madeira
TesituraSax range.svg
Instrumentos relacionadosSaxofón tenor, barítono, soprano e baixo
Fabricantes notablesAdolphe Sax

O saxofón alto tivo un papel importante no desenvolvemento do jazz. Destacan os seguintes saxofonistas de jazz pola súa contribución ao xénero: Don Redman, Jimmy Dorsey, Johnny Hodges, Benny Carter, Charlie Parker, Sonny Stitt, Lee Konitz, Jackie McLean, Phil Woods, Art Pepper, Paul Desmond e Cannonball Adderley.

Aínda que a participación do saxo alto na música clásica sempre foi limitado, houbo destacados instrumentistas como Marcel Mule, Sigurd Raschèr, Jean-Marie Londeix, Eugene Rousseau e Frederick L. Hemke.

NotasEditar

  1. "Saxophone". library.thinkquest.org. Consultado o 14 de novembro de 2020. 
  2. "June 28, 1846: Parisian Inventor Patents Saxophone". wired.com. Consultado o 14 de novembro de 2020.