Charlie Parker

Charles Christopher Parker, tamén coñecido como "Bird", nado o 29 de agosto de 1920 en Kansas City e finado o 12 de marzo de 1955 en Nova York, foi un saxofonista de jazz activo dos anos 30 aos 50, que axudou a crear o jazz moderno e é hoxe visto como o máis grande creador desta música.

Charlie Parker
Charlie Parker, Tommy Potter, Miles Davis, Max Roach (Gottlieb 06941).jpg
Data nacemento29 de agosto de 1920
Nado enKansas City
Falecemento12 de marzo de 1955 en Nova York
 Nova York e Manhattan
Causapneumonía, perforated ulcer e lobar pneumonia
CónxuxeChan Parker
Ocupaciónmúsico
Xénerojazz
Instrumento(s)saxofón
Tempo en activo1937 - 1955
Na rede
https://charliebirdparker.com/
IMDB: nm0662127 Facebook: charlieparkermusic Twitter: CharlieParkerKC Instagram: charliebirdparkerofficial Spotify: 4Ww5mwS7BWYjoZTUIrMHfC iTunes: 284786497 Last fm: Charlie+Parker Musicbrainz: c7356af9-9ea6-4a78-a55b-c73775716312 Discogs: 75617 Allmusic: mn0000211758 WikiTree: Parker-18018 Find a Grave: 1426 Deezer: 2692 Editar o valor em Wikidata

TraxectoriaEditar

Parker é un froito da efervescencia creativa da Kansas City dos anos trinta, onde a permisividade do goberno local facía que os locais onde se servía alcohol ilegal non só estivesen abertos, senón que o fixesen 24 horas. Isto provocou a afluencia de músicos en busca de traballo e creou unha escena onde predominaban os saxofonistas e o blues.

O seu pai, que fora cantante de variedades, abandonouno de novo e súa nai traballou duro de asistente nun hospital para que Charlie tivese estudos, pero xa na escola secundaria viuse que o seu interese só estaba na música. Alí estudou con Alonzo Lewis pero a maioría do que aprendeu fíxoo pola súa conta. Tras pasar por varios instrumentos quedou co saxofón alto, aínda que seguiría tocando o tenor esporadicamente (incluída unha sesión liderada por Miles Davis en 1947).

Con 15 anos xa era un músico profesional, bastante malo polo que din os que o coñeceron de novo, até que se foi de xira coa orquestra de George Lee e se encerrou a estudar, para volver sendo xa un dos grandes do seu tempo.

En 1938 emigra a Nova York temporalmente e volve a Kansas City para ingresar na banda de Jay McShann na que seguirá até 1942. É durante esta estancia que grava os seus primeiros temas e comeza a ter o seu estilo característico. Durante unha xira, para en Nova York e xa nunca volverá a Kansas. Participa activamente na creación do bebop nas jam sessions do Minton's e comeza a súa asociación creativa con Dizzy Gillespie. O seu estilo era incomprendido polo público e rexeitado pola crítica, pero o jazz é unha música de músicos e todos os intérpretes xoves (sobre todo de saxofón) estaban fascinados por Parker e cando comezaron a aparecer os seus discos estudábanos de tal forma que nuns anos o son de Charlie Parker conquistou o mundo do jazz. Por causa da folga de gravacións convocada polo sindicato de músicos non foi até 1945 que o novo estilo se viu rexistrado, nunha sesión mítica celebrada o 26 de novembro en Nova York para a Savoy e onde se gravou o primeiro himno do novo estilo: Now's the Time. De aí até 1947 foi unha sucesión de temas revolucionarios que hoxe son clásicos: Donna Lee, Ko-ko, Yardbird Suite, Ornithology, Cool Blues.

Axiña se viu que o extremo modo de vida de Parker: consumo de cantidades inxentes de comida, alcohol e heroína comezaron a minar a súa saúde, provocándolle un colapso nervioso en 1946 e levándoo a unha deterioración creativa. Aínda así, a súa produción até 1951 é salientábel e só despois comeza un lento declive.

DiscografíaEditar

Todo o que gravou Charlie Paker en estudo fíxoo para tres selos: Dial, Savoy e Verve. Existen ademais algunhas gravacións en directo e as célebres cintas de Dean Benedetti.

  • The Complete Savoy Studio Sessions (3 CDs)
  • The Complete Dial Studio Sessions (3 CDs)
  • The Complete Charlie Parker on Verve (10 CDs)
  • At Storyville (Directo Blue Note, gravado en Boston en 1953)
  • The Complete Savoy Live Recordings (4 CDs)
  • The Massey Hall Concert (Directo Toronto, 1953)