Coleman Hawkins
Coleman Hawkins, nado en San Jose (Missouri) o 21 de novembro de 1904 e finado en Nova York o 19 de maio de 1969, foi un saxofonista (tenor) e clarinetista estadounidense de jazz. O seu estilo mantívose sempre dentro dos límites do swing e mailo bop.
Coleman Hawkins | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Coleman Randolph Hawkins |
Nacemento | 21 de novembro de 1904 |
Lugar de nacemento | St. Joseph |
Falecemento | 19 de maio de 1969 |
Lugar de falecemento | Nova York |
Causa | pneumonía |
Soterrado | Cemiterio de Woodlawn |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Topeka High School |
Ocupación | saxofonista, músico de jazz e compositor |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Nunha época na que o saxo era considerado un instrumento novo, usado até o momento no vodevil e como pobre substituto do trombón nos desfiles de orquestras, Hawkins axudou ao desenvolvemento dun son propio como instrumento cunha clara asociación coa música jazz. Durante algún tempo tocou o saxo baixo.
Traxectoria editar
Coleman Hawkins comezou a aprender a tocar o piano con cinco anos, cambiándose ao violoncello aos sete e ao saxo tenor aos nove. Profesional xa con doce anos, Hawkins tocaba nunha orquestra teatral de Kansas City en 1921 cando Mamie Smith o contratou para tocar coa súa banda Jazz Hounds. Hawkins estivo coa cantante de blues até xuño de 1923, facendo moitas gravacións nun papel secundario. Tras separarse dela, traballou de forma independente pola zona de Nova York, tocou un tempo con Wilbur Sweatman, e en agosto de 1923 fixo a súa primeira gravación con Fletcher Henderson. Cando Henderson formou unha orquestra permanente en xaneiro de 1924, Hawkins foi o saxo tenor principal. Nesa época manexaba tamén o clarinete e o saxo baixo.
Estivo con Henderson até 1934, etapa na que acompañou tamén a varios cantantes de blues, aos Cotton Pickers de McKinney e a Red McKenzie en 1929.
En Manhattan liderou bandas que incluíron futuras estrelas como Thelonious Monk, Oscar Pettiford, Miles Davis, Max Roach ou Dizzy Gillespie. Máis tarde gravou con J. J. Johnson e Fats Navarro. En 1948 gravou "Picasso", un tema clave para o saxo sen acompañamento.
Hawkins tivo unha influencia directa e clara sobre os músicos de bebop, e artistas como Sonny Rollins recoñeceron dita influencia. Asemade, aparece na gravación clásica Thelonious Monk with John Coltrane (1957) e na gravación We Insist! - Freedom Now (1960) de Max Roach.
Imaxes editar
-
"I Ain't God Nobody", a dúo con Buck Washington (8 de marzo de 1934).
-
"Drifting on a Reed", con Thelonious Monk (19 de outubro de 1944).
-
"Flyin´ Hawk", con Thelonious Monk (19 de outubro de 1944).
-
"I'm in the Mood for Love", con Roy Eldridge e Teddy Wilson (1944, para Keynote. En 1948 Mercury apropiouse da gravación).
Véxase tamén editar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Coleman Hawkins |
Ligazóns externas editar
- Internet Movie Database
- Biografía en BookRags (en inglés).
- Biografía en The Red Hot Jazz Archive (en inglés).
- Biografía en Jazz for Beginners (en inglés).
- Coleman Hawkins Legacy Jazz Festival (en inglés).