Eudora Alice Welty, nada en Jackson (Mississippi) o 13 de abril de 1909 e finada na mesma cidade o 23 de xullo de 2001, foi unha escritora estadounidense que escribiu novelas e contos sobre o Sur dos Estados Unidos.  Welty gañou o Premio Pulitzer en 1973 pola súa novela The Optimist's Daughter. Así mesmo, foi galardoada coa Medalla Presidencial da Liberdade en 1980. O seu fogar en Jackson foi designado como un Fito Histórico Nacional e está aberto ao público como un museo.

Eudora Welty
Nacemento13 de abril de 1909
Lugar de nacementoJackson
Falecemento23 de xullo de 2001
Lugar de falecementoJackson
Causapneumonía
SoterradaGreenwood Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterPeterhouse, Universidade de Wisconsin-Madison, Universidade de Wisconsin-Madison, Columbia Business School, Mississippi University for Women, Universidade de Columbia e Central High School
OcupaciónEscritora e fotógrafa
Coñecida porA Worn Path, A Curtain of Green, Music from Spain, The Collected Stories of Eudora Welty, The Robber Bridegroom, The Ponder Heart, The Optimist's Daughter e One Writer's Beginnings
PremiosBolsa de estudos Guggenheim, O. Henry Award, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences, Premio Pulitzer de Ficción, doutor honoris causa pola Universidade Brandeis, Medalla Presidencial da Liberdade, St. Louis Literary Award, National Book Award for Fiction, Lillian Smith Book Award, Common Wealth Award of Distinguished Service, National Medal of Arts, Helmerich Award, Rea Award for the Short Story, Prémio PEN/Malamud, Charles Frankel Prize, Premio América de literatura, National Women's Hall of Fame e William Dean Howells Medal of the American Academy of Arts and Letters
Na rede
IMDB: nm0920673 IBDB: 11224
Musicbrainz: 07755045-c377-48c1-9568-ee4656054625 Discogs: 1346524 WikiTree: Welty-585 Find a Grave: 23294 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Welty naceu en Jackson, filla de Chestina e Christian Welty, unha mestra e un executivo de seguros respectivamente. Eudora tivo dous irmáns, Edward e Walter.[1]

Estudou no Mississippi State College for Women e posteriormente asistiu á Universidade de Wisconsin-Madison e a Columbia Business School na Universidade de Columbia. Mentres estaba na Universidade de Columbia, foi a capitá do equipo feminino de polo e frecuentaba o café de Romany Marie durante os anos 1930.[2]

Viviu a maior parte da súa vida na veciñanza de Belhaven en Jackson, nunha casa que os seus pais construíran en 1925. Posteriormente, doou a casa ao Departamento de Historia e Arquivos de Mississippi. A casa foi preservada e convertida en museo tras ser declarada un Fito Histórico Nacional.

Durante os anos trinta, Welty traballou como publicista para a Works Progress Administration, un traballo que a fixo viaxar por todo Mississippi. Welty aproveitaba o seu tempo para tomar fotografías, especialmente as que manifestaban os efectos da Gran Depresión. Por entón, tratou de expor as súas fotografías. Publicáronse varias coleccións das súas fotografías, incluíndo One Time, One Place (1971) e Photographs (1989).

A partir da década de 1950 abandonou a fotografía e dedicouse completamente a escribir.[3] Xa o seu primeiro conto, "Death of a Traveling Salesman", foi publicado en 1936. O seu traballo chamou a atención da escritora Katherine Anne Porter, quen se converteu na súa mentora e escribiu o prefacio para o seu primeiro libro de contos, A Curtain of Green (1941). O libro converteu a Welty nunha das novas figuras literarias estadounidenses.

A súa novela The Optimist's Daughter gañou o Premio Pulitzer á Novela en 1973. Así mesmo, en 1992, recibiu o Rea Award for the Short Story polas súas contribucións aos contos estadounidenses.

Welty era membro da Fellowship of Southern Writers, fundada en 1987. Tamén ensinou composición creativa en diversos obradoiros e universidades.

Honras editar

 
Tumba de Welty no Greenwood Cemetery de Jackson, Mississippi

Obras editar

Libros de contos editar

  • Morgana: Two Stories from The Golden Apples (1988)
  • The Collected Stories of Eudora Welty (1982)
  • Moon Lake and Other Stories (1980)
  • Thirteen Stories (1965)
  • The Bride of the Innisfallen and Other Stories (1955)
  • Selected Stories (1954)
  • The Golden Apples (1949)
  • Music from Spain (1948)
  • The Wide Net and Other Stories (1943)
  • A Curtain of Green (1941)
  • "A Worn Path" (1940, conto individual)
  • "Death of a Traveling Salesman" (1936, conto individual)

Novelas editar

Non ficción editar

  • 3 Minutes or Less (2001)
  • The Norton Book of Friendship (1991, editora)
  • One Writer's Beginnings (1983, autobiografía)
  • The Eye of the Story (1978)
  • Three Papers on Fiction (1962)

Notas editar

  1. Johnston, Carol Ann (febreiro de 2005). "Eudora Welty" (en inglés). Universidade de Mississippi. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2015. Consultado o 27 de xuño de 2009. 
  2. Whitaker, Jan (2002). Tea at the Blue Lantern Inn: A Social History of the Tea Room Craze in America (en inglés). Nova York: St. Martin's Press. pp. 42. ISBN 0-312-29064-0. 
  3. Rosenberg, Karen (13 de xaneiro de 2009). "Eudora Welty's work as a young writer: Taking pictures" (en inglés). The New York Times. Consultado o 27 de xuño de 2009. 
  4. "Historical Backgrounder Arquivado 08 de novembro de 2002 en Wayback Machine.". Eudora.com. Consultado o 28 de novembro de 2011.
  5. Thomas, Jo (21 de xaneiro de 1997). "For Inventor of Eudora, Great Fame, No Fortune". The New York Times. Consultado o 10 de agosto de 2014. 
  6. "[1] Arquivado 20 de outubro de 2014 en Wayback Machine.". Mississippi Writers and Musicians, consultado o 17 de marzo de 2012
  7. "Eudora Welty Writers' Symposium" Mississippi University for Women. Consultado o 28 de novembro de 2011.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar