Homer Simpson

personaxe de The Simpsons

Homer Jay Simpson é un dos personaxes principais da serie de televisión de debuxos animados The Simpsons e pai da familia epónima. Dan Castellaneta é o encargado de proporcionarlle a voz e apareceu por vez primeira na televisión, xunta o resto da súa familia, na curtametraxe de The Tracey Ullman Show titulado "Good Night" o 19 de abril de 1987.

Homer Simpson

Tipopersonaxe humano de ficción, personaxe animado de televisión e personaxe cinematográfico animado Editar o valor en Wikidata
Parte deHomer and Marge Simpson (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Primeira apariciónGood Night Editar o valor en Wikidata
Universo ficticiouniverso dos Simpson Editar o valor en Wikidata
FranquíaThe Simpsons Editar o valor en Wikidata
Creador/aMatt Groening Editar o valor en Wikidata
Interpretado porDan Castellaneta, Tonino Accolla, Massimo Lopez, Humberto Vélez, Philippe Peythieu, Norbert Gastell, Tōru Ōhira e Hubert Gagnon Editar o valor en Wikidata
Biografía
Lugar de nacementoSpringfield Editar o valor en Wikidata
Data de nacemento12 de maio de 1956 Editar o valor en Wikidata
Sexohome Editar o valor en Wikidata
Linguas faladaslingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Condición médicaAlopecia, infarto agudo de miocardio, alcoholismo, traumatismo cranioencefálico, Varicela e Síndrome de Xerusalén Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónhealth and safety inspector (en) Traducir, condutor, astronauta, secretario, gardacostas, Crítica gastronômica (pt) Traducir, misioneiro, Vicepresidente, actor de dobraxe, labor leader (en) Traducir, pallaso, dealer (en) Traducir, xusticeiro, rum-runner (en) Traducir, maquinista (pt) Traducir, boxeador, labrego, cantante, representante artístico, mascota, supervisor, adult educator (en) Traducir, artista conceptual, ice cream vendor (en) Traducir, traveling salesperson (en) Traducir, Paparazzi, vendedor, volunteer firefighter (en) Traducir, cantante de ópera, condutor, caçador de recompensas (pt) Traducir, actor de cinema e peiteador Editar o valor en Wikidata
ResidenciaSpringfield Editar o valor en Wikidata
Familia
NaiMona Simpson (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaiAbraham Simpson Editar o valor en Wikidata
CónxuxeMarge Simpson Editar o valor en Wikidata
Irmá/nHerbert Powell Simpson (pt) Traducir e Abbie Simpson (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fillo/aBart Simpson, Lisa Simpson, Maggie Simpson e Hugo Simpson (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ParentePatty Bouvier, Selma Bouvier, Clancy Bouvier (pt) Traducir e Jackie Bouvier (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contacto
RedesTwitter: HomerJSimpson Musicbrainz: 109a53ec-73e7-44e8-81cd-484114849a02 Discogs: 1400317 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Características

editar

Homer foi creado e deseñado polo debuxante Matt Groening mentres agardaba na recepción da oficina de James L. Brooks. Groening fora chamado para desenvolver unha serie de curtas baseadas na súa banda deseñada Life in Hell pero, no canto diso, decidiron crear un novo conxunto de personaxes. Deulle o nome ao personaxe a partir do de seu pai, Homer Groening. Tras aparecer durante tres temporadas en The Tracey Ullman Show, os Simpson pasaron a ter a súa propia serie na canle Fox, onde se estreou o 17 de decembro de 1989.

Homer é o groseiro pai da familia Simpson. Ten tres fillos, Bart, Lisa e Maggie, coa súa muller, Marge. Traballa como inspector de seguridade na Planta de enerxía nuclear de Springfield. A súa personalidade representa diversos estereotipos da clase obreira estadounidense: é un home groseiro, con sobrepeso, incompetente, torpe, lacazán, ignorante e alcólico; non obstante, é completamente fiel á súa familia.

Nas curtas e os episodios máis temperáns, Castellaneta púxolle a voz a Homer facendo unha imitación de Walter Matthau; con todo, durante a segunda e terceira temporadas do programa, a voz de Homer evolucionou para se tornar máis robusta, e así permitir a expresión dunha gama máis ampla de emocións. Homer apareceu noutros medios relacionados con The Simpsons (videoxogos, The Simpsons Movie, The Simpsons Ride, anuncios e cómics) e inspirou unha liña enteira de mercadorías. A súa frase comodín, o gruñido de anoxo "D'oh!", foi incluído no Oxford Dictionary of English en 1998 e no Oxford English Dictionary en 2001.

Recoñecementos

editar

Homer é un dos personaxes de ficción máis influente da televisión, sendo descrito polo diario británico The Sunday Times como "a mellor creación cómica dos tempos modernos". Está considerado o segundo mellor personaxe de debuxos pola TV Guide e foi elixido o mellor personaxe televisivo de todos os tempos polos espectadores do Channel 4. Castellaneta gañou catro Premios Primetime Emmy na categoría "Premio Primetime Emmy á mellor actuación de voz" e unha mención especial nos Premios Annie por interpretar a Homer. En 2000, Homer, xunto co resto da súa familia, foi galardoado cunha estrela no Paseo da Fama de Hollywood.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar