Maggie Simpson
personaxe da serie de debuxos animados The Simpsons
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Margaret Evelyn "Maggie" Simpson é un personaxe de ficción da serie de televisión de debuxos animados The Simpsons. É a filla pequena de Homer e Marge Simpson e a irmá de Bart e Lisa. Ten un notable protagonismo na serie, aínda que é un dos personaxes principais con menos popularidade.
Maggie Simpson | |
---|---|
Personaxe de The Simpsons | |
Información | |
Sexo | Feminino |
Parentes achegados | Pais: Homer e Marge Irmáns: Bart e Lisa Avós: Abraham, Mona Simpson e Jacqueline Bouvier Familia Simpson |
Aparicións | |
Curtametraxes | "Good Night" (1987) |
Primeira aparición | "Simpsons Roasting on an Open Fire" (1989) |
Maggie foi concibida polo caricaturista Matt Groening e debutou na televisión o 19 de abril de 1987, na curtametraxe de debuxos animados titulada "Good Night" do programa de variedades The Tracey Ullman Show.