James Lawrence Brooks, nado en Nova York o 9 de maio de 1940, é un director, produtor e guionista estadounidense.

Infotaula de personaJames L. Brooks

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento9 de maio de 1940 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Brooklyn, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Nova York
Weehawken High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Nova York
Os Ánxeles
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónguionista , produtor de televisión , realizador , escritor , produtor de cinema , director de cinema , produtor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1965 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorCBS
John Charles Walters Company (en) Traducir
MTM Enterprises (pt) Traducir
Gracie Films (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata

Páxina webgraciefilms.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0000985 Allocine: 2192 Allmovie: p83155 TCM: 23066 TV.com: people/james-l-brooks
Twitter: canyonjim BNE: XX1150659 Musicbrainz: d24f91a2-5c72-410e-bdde-b78036170b52 Discogs: 891672 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Brooks naceu no barrio de Brooklyn pero criouse en North Bergen, dentro da área metropolitana de Nova York; comezou a realizar un curso de relacións públicas na Universidade de Nova York pero deixou os estudos sen rematar, traballando na CBS e tras dous anos acadou un posto como escritor para a CBS News. En 1965 mudouse aos Ánxeles, traballando como escritor para documentais de David L. Wolper, tras coñecer ao produtor Allan Burns conseguiu un traballo como guionista na serie My Mother the Car, traballou en numerosas outras series e en My Friend Tony (1969) foi o xefe de guionistas, creando en 1969 a serie Room 222. Grant Tinker contratou a Brooks e Burns para MTM Productions, creando The Mary Tyler Moore Show en 1970, unha das primeiras series en amosar unha muller traballadora, solteira e independente como protagonista principal recibiu boas críticas e supuxo o primeiro Emmy para Brooks. Rhoda (1974-1978) e Lou Grant (1977-1982), tamén ideadas por Brooks e Burns, apareceron como series derivadas de Mary Tyler Moore. En 1978 deixou MTM Productions para crear, xunto a outros empregados de MTM, a produtora John Charles Walters Company, onde creou a serie Taxi (1978-1982) que gañou múltiples Emmys pero que se cancelou dúas veces polos seus baixos índices de audiencia.

En 1979 comezou a traballar no cine, nese ano escribiu e coproduciu o filme Starting Over. En 1983 produciu, escribiu e produciu A forza do cariño, que gañou tres Óscar. Baseou o seu seguinte filme Broadcast News nas súas propias experiencias xornalísticas, recindo dúas candidaturas aos Óscars. O seu traballo de 1994 I'll Do Anything non tivo boas críticas e As Good as It Gets (1997, coescrito con Mark Andrus) foi un éxito de portelo. Non realizou outro filme ata 2004, Spanglish. En 2010 foi a estrea do seu sexto filme How Do You Know. Brooks tamén produciu e axudou a Cameron Crowe en Say Anything... (1989) e Wes Anderson e Owen Wilson en Bottle Rocket (1996).

Brooks volveu á televisión en 1987 como o produtor executivo de The Tracey Ullman Show e contratou a Matt Groening para crear unha serie de curtas animadas para o programa, que acabaron por ter a súa propia serie independente The Simpsons en 1989, que gañou numerosos premios e que despois de máis de vinte anos aínda se segue a producir. Brooks tamén coproduciu e coescribiu a adaptación ao cine The Simpsons Movie (2007)

Ao longo da súa carreira Brooks recibiu 47 candidaturas aos Emmy, gañando 20.[1]

  1. "Primetime Emmy Awards Advanced Search". Emmys.org. Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2009. Consultado o 2009-02-10.