Coñécese co nome de estereotipo[1] (do grego: στερεός [stereós], «sólido», e τύπος [typos], «impresión, molde») á percepción esaxerada e con poucos detalles, simplificada, que se ten sobre unha persoa ou grupo de persoas que comparten certas características, calidades e habilidades, que busca «xustificar ou racionalizar unha certa conduta en relación a determinada categoría social».[2][3] Regularmente os estereotipos están baseados en prexuízos que a sociedade estabelece conforme a súa ideoloxía de «modelo a seguir» de conduta ou características físicas, estes van cambiando conforme o paso do tempo.

O xudeu errante, 1852, gravado de Gustave Doré, caricatura baseada en estereotipos.
Un gravado neerlandés do século XVIII dos pobos do mundo, que representa os habitantes de Asia, América e África como salvaxes. Abaixo están a mostrar un inglés, un neerlandés, un alemán e un francés.

O termo úsase a miúdo nun sentido negativo, considerándose que os estereotipos son crenzas ilóxicas que limitan a creatividade e que só se poden cambiar mediante o razoamento persoal sobre ese tema. Os estereotipos son alegacións comúns do pasado. Inclúen unha ampla variedade de alegacións sobre diversos grupos raciais e predicións de comportamento baseadas no status social ou a riqueza. Son esquemas de pensamento ou esquemas lingüísticos pre construídos que comparten os individuos dunha mesma comunidade social ou cultural.[4]

Representar a alguén con certas características remite a un estereotipo, manifestar desprezo ou hostilidade polo seu grupo de pertenza relaciónase cun prexuízo, e finalmente levar adiante accións sobre a base deses prexuízos supón unha discriminación.[5]

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para estereotipo.
  2. [Real Academia Española e Asociación de Academias de la Lengua Española (2014). «estereotipo». Diccionario de la lengua española (23.ª edición). Madrid: Espasa. ISBN 978-84-670-4189-7. Consultado o 28 de decembro de 2014
  3. Guía de los conceptos sobre migraciones, racismo e interculturalidad. Los Libros de la Catarata. ISBN 978-848-319-095-1. 
  4. "La teoría del estereotipo aplicada a un campo de la fraseología: las locuciones expresivas francesas y españolas". 
  5. "Estereotipos y clichés". Eudeba.