Familia Simpson

(Redirección desde «Herb Powell»)

A familia Simpson é unha familia de personaxes ficticios que protagoniza a serie de animación The Simpsons. A familia nuclear dos Simpson está formada pola parella casada de Homer e Marge e mailos seus tres fillos Bart, Lisa e Maggie. Os cinco viven en 742 Evergreen Terrace na cidade ficticia de Springfield, nos Estados Unidos. Foron creados polo debuxante Matt Groening, quen concibiu a idea mentres agardaba na recepción da oficina de James L. Brooks. Para os seus nomes, Groening usou os de membros da súa propia familia, substituíndo o de "Bart" polo seu propio. A familia apareceu por vez primeira na televisión o 19 de abril de 1987 nunha curtametraxe no programa The Tracey Ullman Show, titulada "Good Night". Isto permitiu que máis adiante puidese crearse a serie independente, a cal debutou o 17 de decembro de 1989 co episodio "Simpsons Roasting on an Open Fire".

Xunto aos cinco membros principais da familia, hai outros personaxes, con máis ou menos importancia, que tamén forman parte desta familia disfuncional. Os personaxes máis habituais e recorrentes son o pai de Homer, Abraham Simpson; as irmás de Marge, Patty e Selma Bouvier; e as dúas mascotas da familia, Santa's Little Helper ("Pequeno axudante de Santa") e Snowball II ("Bóla de neve II"). Entre outros membros atópanse a nai de Homer, Mona Simpson; a "esposa das Vegas" de Homer, Amber; a nai de Marge, Jacqueline Bouvier; e unha manchea de parentes menores.

Características xerais

editar

Os Simpson son unha familia que vive en 742 Evergreen Terrace na cidade de Springfield dos Estados Unidos[1]. Homer, o pai, traballa como o inspector de seguridade na Springfield Nuclear Power Plant, unha posición que contrasta coa súa descoidada personalidade de bufón. Está casado con Marge Simpson, un estereotipo de ama de casa e nai americana. Ambos os dous teñen tres fillos: Bart, un neno de dez anos moi cafre; Lisa, unha activista precoz de oito anos; e Maggie, un bebé que rara vez fala, pero que se comunica chucando o seu chupete. A familia posúe un can, Santa's Little Helper, e un gato, Snowball V. Ambas as mascotas teñen papeis protagonistas en varios episodios. Malia o paso dos anos, marcado polas celebracións de aniversarios ou vacacións, os Simpson non avellentan fisicamente e seguen sendo como a finais dos anos oitenta. Aínda que a familia é disfuncional, moitos dos episodios examinan as relacións e os azos que os unen, xa que a miúdo reflicten o aprecio que teñen cara aos demais[2].

Creación

editar

Groening ideou a historia de The Simpsons na recepción da oficina de James L. Brooks en 15 minutos. Brooks xa lle pedira a Groening que pensase na idea de realizar unha serie de curtas animadas, así que Groening pensou inicialmente en presentar a súa tira cómica Life in Hell. Non obstante, cando o caricaturista se deu conta de que animar Life in Hell requiriría a rescisión dos dereitos de publicación da obra da súa vida, buscou outro enfoque e creou a súa familia disfuncional[3]. Así, despois de concibilos, deulles aos personaxes os nomes de membros da súa propia familia: seu pai Homer, súa nai Margaret e as súas irmás máis novas Lisa e Maggie. Ademais, substituíu "Bart", anagrama de "brat", polo seu nome[4] e modelou o personaxe como seu irmán máis vello, Mark[5][6].

Os cinco membros da familia foron creados con trazos sinxelos para que así as súas emocións puidesen ser reflectidas facilmente e para poder cambialas cun pequeno esforzo[7] e poderían ser recoñecidos en silueta[8]. Groening só enviou bosquexos básicos aos animadores e asumiu que as figuras serían corrixidas durante a produción. No entanto, os animadores soamente copiaron os seus debuxos, dando como resultado a aparencia ruda que estes teñen nos primeiros episodios curtos[4].

A familia Simpson apareceu por primeira vez en televisión o 19 de abril de 1987 na curta de The Tracey Ullman Show titulada "Good Night"[9]. En 1989, as curtas foron adaptadas á serie televisiva de media hora, emitida na Fox Broadcasting Company. A familia Simpson permaneceu cos personaxes principais neste novo programa[10].

Elenco

editar

Dan Castellaneta, Julie Kavner, Nancy Cartwright e Yeardley Smith comezaron a pór as voces desde que as curtas se emitían en The Tracey Ullman Show. Nancy Cartwright foi a única do grupo que recibiu clases de interpretación como dobradora[11], mentres que Castellaneta fixera algúns traballos de voz en Chicago. Castellaneta e Kavner forman parte do equipo desde as curtametraxes, así que os produtores decidiron pedirlles que continuasen facendo as voces de Homer e Marge á parte de bastantes máis actores[12][13]. Os produtores decidiron celebrar un casting para os papeis de Bart e Lisa. Yeardley Smith foi chamada inicialmente para a audición para o papel de Bart, pero o director da proba Bonita Pietila creu que a súa voz era moi aguda. Máis adiante Smith volveu ser chamada, "Sempre soei moito como unha nena. Lin dúas liñas como Bart e dixéronme: 'Grazas por vires!'"[14]. Smith recibiu o papel de Lisa[15]. O 13 de marzo de 1987, Nancy Cartwright foi á audición para conseguir o papel de Lisa. Tras chegar á audición, comprobou que Lisa era sinxelamente descrita como "unha nena media" e por aquel momento non tiña moita personalidade. Cartwright interesouse no papel de Bart quen era máis fascinante para ela xa que era descrito como "retorcido, mal estudante, cafre, irreverente [e] listo."[16]. Matt Groening deixouna probar e tras escoitala deulle o traballo[17].

Familia principal

editar

Homer Simpson

editar
Artigo principal: Homer Simpson.

Homer Jay Simpson, voz de Dan Castellaneta, é o pai da familia Simpson. Representa gran parte dos estereotipos da clase traballadora americana: é un home groseiro, con sobrepeso, incompetente, torpe, desconsiderado e alcólico[18]. Ocasionalmente mostrou algún indicio de intelecto e boa forma cada vez que a situación así o precisa, e unha integridade que reflicte os seus propios valores, incluíndo a fera devoción por protexer á súa familia. A súa voz comezou como unha imitación da de Walter Matthau, pero esta deu lugar a unha voz máis robusta durante as temporadas dúas e tres, permitindo a Homer cubrir un maior espectro de emocións[13]. Desde aquela, Homer converteuse nun dos personaxes de ficción máis influentes e foi descrito polo xornal británico The Sunday Times como a mellor creación cómica do tempo moderno[19]. Ten inspirado unha liña enteira de mercadorías e a súa frase comodín, o gruñido de anoxo "D'oh!", foi incluída no Oxford English Dictionary[20].

Marge Simpson

editar
Artigo principal: Marge Simpson.

Bart Simpson

editar
Artigo principal: Bart Simpson.

Lisa Simpson

editar
Artigo principal: Lisa Simpson.

Maggie Simpson

editar
Artigo principal: Maggie Simpson.

Margaret "Maggie" Simpson, é o membro máis novo de entre os cinco e case sempre é vista coma un bebé. É un personaxe bastante destacado durante as curtametraxes de Tracey Ullman Show, aparecendo a miúdo xunto a Bart e Lisa, pero desde aquela converteuse na menos vista e oída dos cinco. Foi revelado que Maggie ten habilidades artísticas excepcionais[21]. Rara vez fala, pero a súa voz foi posta por varios actores incluíndo a Jodie Foster[22], Elizabeth Taylor[21], James Earl Jones[23], Harry Shearer, quen usou a súa voz de Kang[24], Yeardley Smith[25] e Nancy Cartwright[26].

Mascotas

editar

Santa's Little Helper

editar
Artigo principal: Santa's Little Helper.

Santa's Little Helper, voces de Frank Welker[27] e Dan Castellaneta[28], é o can de raza galgo inglés dos Simpson. Fixo a súa primeira aparición na serie como can de carreiras adoptado por Homer e Bart e pertence a ela desde aquela[27].

Snowball II

editar
Artigo principal: Snowball.

Snowball II é o gato dos Simpson. Ten habido diferentes Snowballs ao longo da serie. Snowball I só apareceu brevemente durante flashbacks e secuencias de soños, aínda que si que é mencionado en numerosas ocasións. Snowball II é o segundo gato na liñaxe dos Snowball, pero é asasinado en "I, D'oh-Bot". Lisa intenta substituír a Snowball II con Snowball III e Coltrane (Snowball IV), pero morren tamén en accidentes. A señora tola polos gatos aparece e lánzalle un gato a Lisa, o cal rapidamente adopta e chama Snowball V, decicindo chamalo Snowball II para evitar ter que gastar diñeiro nunha nova cadea co nome e finxir que o incidente nunca ocorreu. Snowball V é o gato actual da familia[29].

Membros distantes da familia Simpson

editar

Abraham Simpson

editar
Artigo principal: Abraham Simpson.

Abraham "Grampa" Simpson, voz de Dan Castellaneta, é o patriarca da familia Simpson, pai de Homer. Trátase dun veterano da segunda guerra mundial que foi logo enviado ao asilo de anciáns de Springfield por Homer. É coñecido polas súas longas historias inconexas e a súa paixón por Matlock. Comparte nome cun parente de Matt Groening, neste caso con seu avó. Non obstante, Groening dixo que refusou darlle o nome, deixando aos demais guionistas que elixisen un nome. De casualidade, os guionistas escolleron o nome Abraham[30].

Mona Simpson

editar
Artigo principal: Mona Simpson (The Simpsons).

Herbert Powell

editar

Herbert "Herb" Powell, voz de Danny DeVito, é o medio-irmán de Homer. Parécese fisicamente a Homer, aínda que un pouco máis esvelto e cunha caluga chea de pelo. A súa primeira aparición é no episodio "Oh Brother, Where Art Thou?" da segunda temporada, no que Homer descobre que tiña un medio-irmán descoñecido cuxa existencia fora agochada por súa nai. Herbert fora produto dunha relación de pouca duración entre o pai de Homer e unha prostituta en Entroido. Foi á universidade e traballou en diferentes oficios ocasionais ata que fundou Powell Motors, unha fábrica de automóbiles situada en Detroit. Herb estivo encantado de coñecer a súa familia e estableceu vencellos entre os seus sobriños, e permitiu que Homer deseñase un coche. Porén, o miserable fracaso do coche de Homer provocou a bancarrota da fábrica e Herb converteuse nun vagabundo[31]. O episodio foi escrito por Jeff Martin, mais a idea de que Danny DeVito lle puxese a súa voz a Herb tivéraa Sam Simon[32]. Algúns quedaron decepcionados co final do episodio, e como resultado os produtores decidiron escribir unha secuela[26].

Herb reapareceu no episodio da terceira temporada titulado "Brother, Can You Spare Two Dimes?", no que vai vivir brevemente á casa dos Simpson, malia a súa antipatía continua cara a Homer. Homer préstalle a Herb 2.000 dólares, que Herb usa para construír, baseándose nas observacións feitas a Maggie, un invento que traducía a fala dos nenos a un inglés comprensible. Comezou a producir en masa o seu novo produto e recobrou a súa fortuna. Logo quixo agasallar a todos os membros da familia e recompensou a Homer cunha cadeira vibrante, xunto ao seu perdón[33]. Herb non tivo máis aparicións desde este episodio[33], aínda que unha vez Homer fixo referencia a el como o seu "medio-irmán raramente visto"[34].

Amber Simpson

editar

Amber Simpson é a antiga "esposa das Vegas" de Homer desde o episodio "Viva Ned Flanders". Homer e Ned Flanders visitan Las Vegas durante a fin de semana, acaban borrachos e casan sen sabelo con dúas mulleres[35]. Amber reaparece en "Brawl in the Family", onde a familia Simpson a enganan para que case co avó, abandonando no proceso a todas as demais esposas. Amber horrorízase ante a decepción vaise correndo, incrementando a decepción do avó[36]. En "Jazzy and the Pussycats", os Simpson acoden ao seu funeral despois de que morrese debido a unha sobredose de drogas[37].

Outros membros da familia Simpson

editar

Membros da familia Bouvier

editar

Jacqueline Bouvier

editar

Jacqueline Ingrid Gurney, voz de Julie Kavner[28], é a nai de Marge Simpson e Patty e Selma Bouvier e mais a esposa do finado Clancy Bouvier. A primeira referencia dela faise nun flashback no episodio "Moaning Lisa", aínda que non fixo a súa primeira aparición física ata o episodio "Bart vs. Thanksgiving"[44]. Tamén ten unha irmá chamada Gladys, quen xa faleceu. Como todas as mulleres da familia Bouvier, a súa voz é proporcionada por Julie Kavner. Fuma adoito e fala aínda máis grave ca Patty e Selma. Case non ten voz e nunca sorrí, agás en "Lady Bouvier's Lover", o que lle dá un aspecto pesimista, crítico e non sociable. Ademais, parece non aprobar o casamento de Marge con Homer, dicindo que Homer nunca se vai dirixir a ela como "Madre"[45].

Clancy Bouvier

editar

Clancy Bouvier, voz de Harry Shearer[28], é o finado pai de Patty e Selma Bouvier e Marge Simpson e mailo esposo de Jacqueline Bouvier. Aparece por vez primeira no episodio "The Way We Was".[46]. Non apareceu de novo ata "Fear of Flying" onde se revelaba que foi un dos primeiros homes que traballaron como azafato. Marge creu ao principio que era un piloto heroico e traumatizouse ao descubrir a súa verdadeira profesión. A causa e data da súa morte non está determinada, pero Homer revela que lle comprara a Marge unha "máquina branca ruidosa" para axudala a superar a morte de seu pai[37].

Patty e Selma Bouvier

editar
Artigo principal: Patty e Selma Bouvier.

Patty e Selma Bouvier, ambas voces de Julie Kavner[28], son as irmás xemelgas de Marge. Traballan no Departamento de Vehículos a Motor de Springfield e senten unha forte antipatía polo seu cuñado Homer. Selma é a maior por dous minutos e posúe un enérxico desexo por formar unha familia mentres que súa irmá, Patty, é o único personaxe homosexual (e que recoñece esta atracción) habitual da serie[47]. Kavner ponlles as voces como personaxes "que chuchan a vida de todas as cousas"[48]. Kavner fai a voz de Patty máis masculina e nun rexistro máis baixo, e a de Selma é un chisco máis doce[49]. A orixe dos seus nomes é descoñecida; non obstante, Matt Groening ten unha irmá chamada Patty, pero a diferenza doutros membros da familia Simpson, isto non foi explicitamente revelado[50].

Ling Bouvier

editar

Ling Bouvier, voz de Nancy Cartwright, é a filla adoptiva de Selma Bouvier. En "Goo Goo Gai Pan", Selma descobre que alcanzou a etapa da menopausa e adopta a Ling na China, tras mentir dicindo que estaba casada con Homer Simpson, co gallo de facer crer ás autoridades chinesas que Ling formaría parte dunha familia tradicional no canto de ser criada por unha nai única. As autoridades reclaman a Ling ao decatarse, pero a axente de adopción baséase nas experiencias da súa infancia coa súa nai solteira e permite que Selma poida adoptar a Ling[51]. Desde aquela, Ling converteuse nun personaxe habitual, aparecendo en varios episodios[52].

Gladys

editar

Gladys, voz de Julie Kavner[28] é a tía de Marge e irmá de Jacqueline. A súa morte foi parte do argumento do episodio "Selma's Choice", no que morreu a causa dunha obstrución intestinal[53].

  1. Turner, p. 28
  2. Oakley, Bill (2005). The Simpsons season 7 DVD commentary for the episode "Home Sweet Homediddly-Dum-Doodily" (DVD). 20th Century Fox. 
  3. Groening, Matt (14-02-2003). Fresh Air. Entrevista con David Bianculli. National Public Radio. WHYY. Philadelphia. Consultado o 08-08-2007. 
  4. 4,0 4,1 BBC (2000). The Simpsons: America's First Family (6 minute edit for the season 1 DVD) (DVD). UK: 20th Century Fox. 
  5. Paul, Alan (30-09-1999). Flux Magazine Issue #6, ed. "Matt Groening". 
  6. Groening, Matt. (2006). Comentarios de "My Sister, My Sitter", en The Simpsons: The Complete Eighth Season [DVD]. 20th Century Fox.
  7. Groening, Matt (2005). The Simpsons season 6 DVD commentary for the episode "Fear of Flying" (DVD). 20th Century Fox. 
  8. Groening, Matt; Al Jean, Mike Reiss (2001). The Simpsons season 1 DVD commentary for the episode "There's No Disgrace Like Home" (DVD). 20th Century Fox. 
  9. Richmond, p. 14
  10. Kuipers, Dean (15-04-2004). Los Angeles: City Beat, ed. "'3rd Degree: Harry Shearer'". Arquivado dende o orixinal o 05-06-2008. Consultado o 21-09-2008. 
  11. Turner, p. 21
  12. Luaine Lee (27-02-2003). The Age, ed. "D'oh, you're the voices". Consultado o 07-02-2008. 
  13. 13,0 13,1 Lynn Elber (18-08-2007). Associated Press, ed. "D'oh!: The Voice of Homer Is Deceivingly Deadpan". Arquivado dende o orixinal o 03-07-2013. Consultado o 07-02-2008. 
  14. Carroll, Larry (26-07-2007). MTV, ed. "'Simpsons' Trivia, From Swearing Lisa To 'Burns-Sexual' Smithers". Arquivado dende o orixinal o 04-08-2009. Consultado o 29-07-2007. 
  15. Miranda, Charles (08-12-2007). "She who laughs last". The Daily Telegraph. p. 8E. 
  16. Cartwright, pp. 35–40
  17. BBC News, ed. (10-11-2000). "Bart's voice tells all". Consultado o 16-05-2007. 
  18. Turner, p. 78
  19. The Sunday Times, ed. (08-07-2007). "There's nobody like him... except you, me, everyone". Arquivado dende o orixinal o 15-05-2008. Consultado o 20-07-2007. 
  20. BBC, ed. (14-06-2001). "It's in the dictionary, d'oh!". BBC News, Entertainment. Arquivado dende o orixinal o 03-12-2002. Consultado o 07-02-2008. 
  21. 21,0 21,1 Face to Face: Maggie Simpson Arquivado 29 de novembro de 2014 en Wayback Machine. EW.com. Publicado o 11 de setembro de 1992. Consultado o 27 de marzo de 2007
  22. Dan Snierson (2008-09-03). "Exclusive: Jodie Foster, Anne Hathaway to guest on 'The Simpsons'". Entertainment Weekly. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2008. Consultado o 2008-09-04. 
  23. Richmond, pp. 154-155
  24. Gimple, pp. 50-51
  25. Smith, Yeardley (2007). Audio commentary for The Simpsons Movie (DVD). 20th Century Fox. 
  26. 26,0 26,1 Brooks, James L.; Cartwright, Nancy; Groening, Matt; Jean, Al; Moore, Rich (2003). The Simpsons The Complete Third Season DVD commentary for the episode "Brother, Can You Spare Two Dimes?" (DVD). 20th Century Fox. 
  27. 27,0 27,1 McCann, pp. 117–118
  28. 28,0 28,1 28,2 28,3 28,4 Richmond, pp. 178-179
  29. "I, (Annoyed Grunt)-Bot". Greaney, Dan; Glazier, Allen; MacMullen, Lauren. The Simpsons. Fox. 11-01-2004. Episodio 322, temporada 15.
  30. Groening, Matt (2002). The Simpsons season 2 DVD commentary for the episode "Old Money". 
  31. Martin, Jeff; Archer, Wes (21-02-1991). "Oh Brother, Where Art Thou?". The Simpsons. Tempada 2. Episodio 28. Fox. 
  32. Groening, Matt; Jean, Al; Martin, Jeff; Reiss, Mike (2002). The Simpsons The Complete second Season DVD commentary for the episode "Oh Brother, Where Art Thou?" (DVD). 20th Century Fox. 
  33. 33,0 33,1 Swartzwelder, John; Moore, Rich (27-08-1992). "Brother, Can You Spare Two Dimes?". The Simpsons. Tempada 3. Episodio 59. Fox. 
  34. Maxtone-Graham, Ian; Moore, Steven Dean (01-05-2005). "The Heartbroke Kid". The Simpsons. Tempada 16. Episodio 17. Fox. 
  35. "Viva Ned Flanders". Stern, David M.; Affleck, Neil. The Simpsons. Fox. 10-01-1999. Episodio nº 213, temporada 10.
  36. "Brawl in the Family". Cohen, Joel H.; Nastuk, Matthew. The Simpsons. Fox. 06-01-2002. Episodio nº 276, temporada 13.
  37. 37,0 37,1 "Jazzy and the Pussycats". Chun, Daniel; Moore, Steven Dean. The Simpsons. Fox. 17-09-2006. Episodio nº 380, temporada 18.
  38. 38,0 38,1 Oakley, Bill (2006). The Simpsons season 9 DVD commentary for the episode "Lisa the Simpson" (DVD). 20th Century Fox. 
  39. 39,0 39,1 39,2 39,3 "Lisa the Simpson". Goldreyer, Ned; Dietter, Susie. The Simpsons. Fox. 09-03-1998. Episodio nº 195, temporada 9.
  40. "Simpsons Christmas Stories". Payne, Don; Moore, Steven Dean. The Simpsons. Fox. 18-12-2005. Episodio nº 365, temporada 17.
  41. "Much Apu About Nothing". Cohen, David S.; Dietter, Susie. The Simpsons. Fox. 05-05-1996. Episodio nº 151, temporada 07.
  42. Groening, Matt (1991). Harper Collins Publishers, ed. The Simpsons Uncensored Family Album. ISBN 0-06-096582-7. 
  43. "Catch 'Em If You Can". Maxtone-Graham, Ian; Nastuk, Matthew. The Simpsons. Fox. 25-04-2004. Episodio nº 331, temporada 15.
  44. Brooks, James L.; Groening, Matt; Jean, Al; Reiss, Mike; Silverman, David. (2002) Comentarios de "Bart vs. Thanksgiving", en The Simpsons: The Complete Second Season [DVD]. 20th Century Fox.
  45. "I Married Marge". Martin, Jeff; Lynch, Jeffrey. The Simpsons. Fox. 26-12-1991. Episodio nº 12, temporada 3.
  46. "The Way We Was". Jean, Al; Reiss, Mike; Simon, Sam; Silverman, David. The Simpsons. Fox. 31-01-1991. Episodio nº 12, temporada 2.
  47. Finn, Natalie (07-11-2007). E! News, ed. ""Simpsons'" Smithers Part of Shrinking Minority?". Consultado o 22-08-2006. 
  48. Rhodes, Joe. "Flash! 24 Simpsons Stars Reveal Themselves" Arquivado 12 de agosto de 2014 en Wayback Machine., TV Guide 21 de outubro de 2000, a través de The Simpsons Archive: "[Matt] Groening di: 'A miña idea orixinal sobre a familia de Marge foi que fosen persoas completamente tristes. A nota orixinal que lle dei a Julie foi que elas chuchaban a vida de todo o que elas vían'".
  49. Jean, Al (2004). The Simpsons The Complete Fourth Season DVD commentary for the episode "Selma's Choice" (DVD). 20th Century Fox. 
  50. "Matt Groening Q&A (1993)". The Simpsons Archive. xuño de 1993. Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2007. Consultado o 14 de xaneiro de 2007. 
  51. "Goo Goo Gai Pan". Talbot, Lawrence; Kramer, Lance. The Simpsons. Fox. 15-03-2005. Episodio nº 347, temporada 16.
  52. Canning, Robert (22-09-2008). IGN, ed. "The Simpsons Flashback: "Goo Goo Gai Pan" Review". Consultado o 03-12-2008. 
  53. "Selma's Choice". Stern, David M.; Baeza, Carlos. The Simpsons. Fox. 21-01-1993. Episodio nº 72, temporada 4.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar