Abrir o menú principal

Sylvia Plath, nada en Boston o 27 de outubro de 1932 e finada en Londres o 11 de febreiro de 1963,[1] foi unha poeta e novelista estadounidense cuxa obra constitúe unha dobre procura desesperada da realidade do mundo e da identidade feminina.

Sylvia Plath
Sylvia Plath.jpg
AlcumeVictoria Lucas
Nacemento27 de outubro de 1932
 Boston
Falecemento11 de febreiro de 1963
 Londres
Causaasfixia
SoterradoHeptonstall
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaAustrian American
RelixiónUnitarismo
Alma máterSmith College
Ocupaciónpoeta, escritora, novelista, ensaísta, autobiógrafa, autora de diarios e escritora de literatura infantil
PaiOtto Plath
NaiAurelia Plath
CónxuxeTed Hughes
FillosFrieda Hughes e Nicholas Hughes
Coñecido/a porThe Bell Jar, Ariel e The Colossus
PremiosPrémio Pulitzer de Poesia, Glascock Prize e Programa Fulbright
Sylvia Plath signature.svg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Sylvia Plath no seo dunha familia de clase media no barrio de Jamaica Plain (Massachusetts), e pasou a súa infancia en Winthrop. Xa de nena escribía, chegando a publicar o seu primeiro poema aos 8 anos. A pesar da súa aparente estabilidade, no seu interior incubaba graves problemas psíquicos que tiñan a súa orixe na morte de seu pai (un especialista en abellas e profesor de Bioloxía na Universidade de Boston) a causa dunha embolia pulmonar cando a poeta contaba con 8 anos.

A escritora comezou os estudos universitarios no Smith College (Massachusetts) e, grazas a unha bolsa de estudos Fulbriht, trasladouse á Universidade de Cambridge. Durante a súa época de estudos, Plath sufriu unha depresión crónica (agora sábese que padecía un trastorno bipolar), chegando incluso a un intento de suicidio no 1952, algo que detallou máis tarde na novela A campá de cristal (The Bell Jar). Graduouse con honores[2] tres anos máis tarde, despois dunha tempada de recuperación nun psiquiátrico. Foi en Cambridge onde a escritora coñeceu o que sería o seu marido, Ted Hughes,[3] un poeta inglés co que casaría en 1956.

 
A casa de Sylvia Plath no 23 Fitzroy Road de Londres

Entre xullo de 1957 e outubro de 1959, Plath deu clases no Smith College ata que se trasladou, xunto co seu home, a Boston, onde a escritora asistiu a seminarios con Robert Lowell e con Anne Sexton. Este traslado debeuse ó insoportable que se lle fixo a súa estancia no Smith College, comezando así unha nova etapa de inestabilidade. Cando Plath quedou embarazada, regresaron ao Reino Unido, instalándose primeiro en Londres e logo en North Tawton (Devon). En 1960 publicou a súa primeira recompilación, O coloso (The Colossus) e, en 1962 o matrimonio separouse, apenas dous anos despois do nacemento do seu segundo fillo. Esta separación debeuse, sobre todo, á relación amorosa que Hughes mantiña coa poeta Assia Wevill, aínda que é posible que Olwyn Hughes, irmá do poeta, interferise na súa relación. A separación afectoulle moito a Plath.

A escritora retornou a Londres cos seus dous fillos, pero ela, que ao longo da súa vida sufrira numerosas depresións, rematou coa súa vida asfixiándose con gas o 11 de febreiro de 1963.

ObraEditar

Sylvia Plath só publicou dous libros en vida: a colección de poemas The Colossus e a novela The Bell Jar, editada co pseudónimo de Victoria Lucas. Postumamente, apareceu o seu libro Ariel. O seu marido, o poeta inglés Ted Hughes, encargado de xestionar o legado da súa antigua esposa, supervisou e editou a publicación da súa obra[4]

O seu primeiro libro, O coloso (1960), puxo en evidencia a meticulosidade do seu oficio e un estilo moi persoal, aínda que moitas veces foi descrito como convencional e carente do drama das súas obras posteriores. Ariel (1965) está considerado como o seu mellor libro de poemas, o cal, ao igual que a poesía publicada despois do seu suicidio, reflicte un ensimesmamento e unha obsesión pola morte. A campá de cristal (1963), é o testemuño do seu propio derrubamento psíquico provocado por unha sucesión de fracasos sentimentais e polas complicadas relacións que mantivo cos homes. Con Poemas completos, editado polo seu home no 1981, Plath gañou, postumamente, o premio Pulitzer no 1982. Outras obras publicadas despois da súa morte son os poemarios Cruzando a auga (1971) e Árbores de inverno (1972), e Johnny Panic e a Biblia de soños, un libro de contos.

ObrasEditar

ProsaEditar

  • A campá de cristal (The Bell Jar) (1963).
  • Cartas a casa (Letters home) (1975).
  • Johnny Panic e a Biblia de soños (Johnny Panic and the Bible of Dreams) (1977).
  • Os diarios de Sylvia Plath (The Journals os Sylvia Plath) (1982).
  • The Magic Mirror (1989), a tese para Smith College.
  • The Unabridged Journals of Sylvia Plath (2000).

PoesíaEditar

  • O Coloso (The Colossus) (1960).
  • Ariel (1965).
  • Three Women: A Monologue for Three Voices (1968).[5]
  • Cruzando a auga (Crossing the water) (1971).
  • Árbores de inverno (1972).
  • Poemas completos (The Collected Poems) (1981).

Obras para nenosEditar

  • The Red Book (1976).
  • The It-Doesn't-Matter-Suit (1996).
  • Collected Children's Stories (2001).
  • Mrs. Cherry's Kitchen (2001).

NotasEditar

  1. Encyclopædia Britannica. "Sylvia Plath: Biography, Poems, Books, & Facts" (en inglés). Consultado o 13-2-2018. 
  2. Robert F. Howe Instituto Smithsoniano (11-2003). "Seeing Sylvia Plath". Smithsonian Magazine (en inglés). Consultado o 13-2-2018. 
  3. Danuta Kean (11-4-2017). "Unseen Sylvia Plath letters claim domestic abuse by Ted Hughes". The Guardian (en inglés). Consultado o 13-2-2018. 
  4. Senís Fernández, Juan, 1975- (2009). Mujeres escritoras y mitos artísticos en la España contemporánea : Carmen Martín Gaite, Espido Freire, Lucía Extebarria [sic] y Sylvia Plath. Madrid: Editorial Pliegos. ISBN 9788496045613. 
  5. http://medhum.med.nyu.edu/view/1165

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar