Margaret Mitchell

Autor e xornalista estadounidense

Margaret Mitchell, nada en Atlanta o 8 de novembro de 1900 e finada na mesma cidade o 16 de agosto de 1949, foi unha escritora estadounidense dunha única obra, Gone with the Wind, que Victor Fleming inmortalizaría no cinema en 1939.

Margaret Mitchell
Margaret Mitchell en 1941
AlcumeMargaret Mitchell
Nacemento8 de novembro de 1900 e 9 de novembro de 1900
Lugar de nacementoAtlanta
Falecemento16 de agosto de 1949
Lugar de falecementoAtlanta
Causaatropelamento
SoterradaOakland Cemetery
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterSmith College e The Westminster Schools
Ocupaciónescritora, novelista, guionista, xornalista e prosista
PaiEugene Mitchell
NaiMaybelle Stephens Mitchell
CónxuxeBerrien Kinnard Upshaw e John Robert Marsh
Coñecida porGone with the Wind e Lost Laysen
PremiosNational Book Award, Georgia Women of Achievement e Prémio Pulitzer de Ficção
Na rede
IMDB: nm0593565 Allocine: 35422 Allmovie: p49694 TV.com: people/margaret-mitchell
Musicbrainz: 63b76980-c715-4c00-af29-afe39ef65bb9 WikiTree: Mitchell-7978 Find a Grave: 718 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Mitchell estudou no Smith College e máis tarde traballou como columnista e redactora do Journal of Atlanta, durante 4 anos, de 1922 a 1926, data en que comezou a escribir a súa popular novela, que non finalizará até dez anos despois. Este retrato romántico da vida no sur dos Estados Unidos durante a Guerra de Secesión Americana contada a través da historia dunha familia xeorxiana converteuse de inmediato nun éxito de vendas e recibiu o premio Pulitzer en 1937. Até 1949 imprimíranse da obra 8 000 000 de exemplares e fora traducida a 30 idiomas. Anos máis tarde, en 1949, Margaret Mitchell faleceu xunto co seu marido atropelados por un taxi que pasaba a toda velocidade, o incidente foi comentado como unha gran traxedia.