George Crumb

compositor estadounidense

George Crumb, nado en Charleston o 24 de outubro de 1929 e finado en Media, Pensilvania, o 6 de febreiro de 2022, foi un compositor estadounidense de música vangardista. Foi recoñecido como un explorador de timbres infrecuentes, formas de notación alternativas, e extensas técnicas instrumentais e vocais. Algúns exemplos inclúen o efecto de gaivota para o violoncello (Vox Balaenae), vibrato metálico para o piano (Five Pieces for Piano), e o uso dunha maza para tocar as cordas un contrabaixo (Madrigals, Book I), entre outros. Non foi un compositor de música electrónica; porén, moitas das súas pezas requiren amplificación de instrumentos, como o cuarteto de cordas Black Angels o Ancient Voices of Children. Crumb definiu a música coma “un sistema de proporcións ao servizo do impulso espiritual”.

Infotaula de personaGeorge Crumb

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) George Henry Crumb Jr. Editar o valor en Wikidata
24 de outubro de 1929 Editar o valor en Wikidata
Charleston, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte6 de febreiro de 2022 Editar o valor en Wikidata (92 anos)
Media, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Míchigan
Universidade de Illinois en Urbana-Champaign
UIUC College of Media (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoComposición musical e peza musical Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncompositor , profesor universitario Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1944 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorUniversidade do Estado do Arizona (pt) Traducir
Universidade de Pensilvania
Universidade de Colorado en Boulder Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMúsica clásica e Música clásica contemporánea Editar o valor en Wikidata
AlumnosRicardo Zohn-Muldoon (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
FillosAnn Crumb Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webgeorgecrumb.net Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1278986 BNE: XX1615238 Spotify: 0EyIzyLSylDC0h0y7JP7am Musicbrainz: 429dd05f-8567-48c9-af00-1338b2a9140c Songkick: 16568 Discogs: 519766 IMSLP: Category:Crumb,_George Allmusic: mn0001204368 WikiTree: Crumb-416 Deezer: 265779 Editar o valor en Wikidata

Biografía

editar

Crumb naceu en CharlestonVirxinia Occidental, e empezou a compoñer a idade temperá. Iniciou os seus estudos musicais no Mason College of Music de Charleston, onde recibiu a súa licenciatura no 1950. Obtivo a súa mestría na Universidade de Illinois at Urbana-Champaign, e logo estudou uns anos en Berlín antes de regresar aos Estados Unidos para estudar na Universidade de Míchigan, da que recibiu o seu D.M.A (Doctor of Musical Arts) no 1959.

Crumb gañou a vida principalmente como profesor. O seu primeiro traballo como mestre foi nunha pequena universidade en Virxinia, antes de converterse en profesor de piano e composición da Universidade de Colorado no 1958. En 1965 comezou unha larga asociación coa Universidade de Pennsylvania, volvéndose Profesor Annenberg de Humanidades no 1983. Algúns dos seus máis prominentes estudantes inclúen a Margaret Brower, Uri Caine, Christopher Rouse, Osvaldo Golijov, Jennifer Higdon, Cynthia Cozette Lee, Yen Lu, James Primosch, Ricardo Zohn-Muldoon, Ofer Ben-Amots, Morris Rosenzweig, Andrew Frank e Gerald Levinson.

Crumb retirouse da ensinanza no 1997, aínda que a principios de 2002 foi nomeado xunto a David Burge para unha residencia conxunta na Universidade Estatal de Arizona. Nunca deixou de compoñer.

Crumb foi galardoado con numerosos premios, incluíndo o Premio Pulitzer de Música no 1968 pola súa peza orquestral Echoes of Time and the River, e o Premio Grammy á Mellor Composición Contemporánea no ano 2000 pola súa peza Starchild.

O fillo de Crumb, David Crumb, é un exitoso compositor e, desde 1997, profesor asistente na Universidade de Oregón. A filla do compositor, Ann Crumb, é unha exitosa actriz e cantante. Ela gravou a obra Three Early Songs para o CD George Crumb 70th Birthday Album, e tamén interpretou a obra Unto the Hills.

Despois de ser influído inicialmente por Anton Webern, Crumb interesouse en explorar timbres infrecuentes. Pide con frecuencia tocar os instrumentos de maneira non convencional, e varias das súas pezas están escritas para instrumentos amplificados electronicamente.

A música de Crumb parece a miúdo referirse tanto ao teatral da execución como á música propiamente. En varias das súas pezas pide aos executantes que abandonen a súa posición normal e que se despracen polo escenario durante a obra. Tamén utilizou disposicións infrecuentes na notación musical das súas partituras. En varias partes, a música represéntase simbolicamente dunha maneira circular ou espiral.

Varias obras de Crumb son musicalizacións de textos de Federico García Lorca, entre as que destacan os Catro Libros de Madrigais que escribiu a finais dos 60 e Ancient Voices of Children, un ciclo de cancións de 1970 para dous cantantes e conxunto instrumental pequeno (na que inclúe un piano de xoguete). Moitos dos seus traballos vocais foron escritos para a virtuosa cantante Jan de Gaetani.

Black Angels (1970) é outra obra que mostra o interese de Crumb por explorar unha ampla gama de timbres. Escrito para cuarteto amplificado de cordas (designado "cuarteto de cordas eléctrico" polo compositor na súa partitura, aínda que os instrumentos solicitados sexan acústicos), solicita aos executantes que toquen ademais varios instrumentos de percusión e co arco pequenos gobeletes así como tocar os seus instrumentos de maneira pouco convencional. É unha das obras máis coñecidas de Crumb e foi gravada polo famoso Cuarteto Kronos.

Outra das obras coñecidas de Crumb son os Catro Libros de Makrokosmos (1972-74). Os dous primeiros libros son para piano só, o terceiro, coñecido como Música para unha Tarde de Verán, é para dous pianos e percusión, e o cuarto, Mecánicas celestiais, para piano a catro mans. O título refírese aos seis libros de pezas para piano de Béla BartókMikrokosmos e, como a obra de Bartók, Makrokosmos é unha serie de breves pezas de carácter educativo. Ademais de Bartók, Claude Debussy é o outro compositor do que Crumb recoñeceu influencia nesta obra, aínda que as técnicas empregadas por Crumb estean lonxe da usada polos citados compositores: o piano preparado coa colocación de obxectos sobre e entre as cordas, está amplificado, e en varias ocasións pídeselle ao pianista cantar ou berrar certas palabras durante a interpretación. Makrokosmos foi estreado por David Burge, quen a gravou posteriormente.

As obras de Crumb son publicadas pola Corporación C. F. Peters.

Música instrumental, solistas e de cámara

editar
  • Two Duos (1944) para frauta e clarinete
  • Four Pieces (1945) para violín e piano
  • Sonata (1945) para piano
  • Sonata (1949) para violín e piano
  • Prelude and Toccata (1951) para piano
  • String Trio (1952) para trío de cordas
  • Three Pastoral Pieces (1952) para óboe e piano
  • Sonata (1953) para viola e piano
  • String Quartet (1954) para cuarteto de corda
  • Sonata (1955) para violoncello só
  • Five Pieces (1962) para piano
  • Four Nocturnes (Night Music II) (1964) para violín e piano
  • Eleven Echoes of Autumn (Echoes I) (1966) para violín, frauta en sol, clarinete e piano
  • Black Angels (Images I) (1970) para "cuarteto de cordas eléctrico"
  • Vox Balaenae (1971) para frauta amplificada, violoncello amplificado e piano amplificado
  • Makrokosmos, Volume I (1972) para piano amplificado
  • Makrokosmos, Volume II (1973) para piano amplificado
  • Music for a Summer Evening (Makrokosmos III) (1974) para dous pianos amplificados e percusión (dous executantes)
  • Dream Sequence (Images II) (1976) para violín, violoncello, piano, percusión (un executante), e harmónica de cristal fóra de escena (dous executantes)
  • Celestial Mechanics (Makrokosmos IV) (1979) para piano amplificado a catro mans
  • A Little Suite for Christmas, A.D. 1979 (1980) para piano
  • Gnomic Variations (1981) para piano
  • Pastoral Drone (1982) para órgano
  • Trio for Strings (1982) para trío de cordas
  • Processional (1983) para piano
  • An Idyll for the Misbegotten (Images III) (1986) para frauta amplificada e percusión (tres executantes)
  • Zeitgeist (Tableaux Vivants) (1988) para dous pianos aplificados
  • Easter Dawning (1991) para carillón
  • Quest (1994) para guitarrasaxofón soprano, arpacontrabaixo e percusión (dous executantes)
  • Mundus Canis (1998) para guitarra e percusión
  • Eine Kleine Mitternachtmusik (2002) para piano
  • Otherworldly Resonances (2003) para dous pianos

Música vocal

editar
  • Four Songs (1945) para voz, clarinete e piano
  • Seven Songs (1946) para voz e piano
  • Three Early Songs (1947) para voz e piano
  • Alleluja (1948) para coro a capella
  • A Cycle of Greek Lyrics (1950) para voz e piano
  • Night Music I (1963, revisión 1976) para soprano, piano/celesta, e dous percusionistas
  • Madrigals, Books I (1965) para soprano, vibráfono e contrabaixo
  • Madrigals, Books II (1965) para soprano, frauta/frauta en sol/frautín e percusión
  • Songs, Drones, and Refrains of Death (1968) para barítono, guitarra eléctrica, baixo eléctrico, piano amplificado/clavicémbalo eléctrico e dous percusionistas
  • Night of the Four Moons (1969) para contralto, frauta en sol/frautín, banjo, violoncello eléctrico e percusión
  • Madrigals, Books III (1969) para soprano, arpa e percusión
  • Madrigals, Books IV (1969) para soprano, frauta/frauta en sol/frautín, arpa, contrabaixo e percusión
  • Ancient Voices of Children (1970) para mezzosoprano, voces brancas, óboe, mandolina, arpa, piano amplificado (e piano de xoguete) e percusión (tres executantes)
  • Lux Aeterna (1971) para soprano, frauta baixo/frauta de bico soprano, sitar e percusión (dous executantes)
  • Star-Child (1977, revisión 1979) para soprano, voces brancas antifonadas, coro masculino falado, campás e grande orquestra
  • Apparition (1979) para soprano e piano amplificado
  • The Sleeper (1984) para soprano e piano
  • Federico's Little Songs for Children (1986) para soprano, frauta/frautín/frauta en sol/frauta baixo e arpa
  • Unto the Hills (2001) para soprano, cuarteto con tres percusionistas e piano
  • A Journey Beyond Time (2003) para soprano, cuarteto con tres percusionistas e piano
  • River of Life (2003) para soprano, cuarteto con tres percusionistas e piano
  • Winds of Destiny (2004) para soprano, cuarteto con tres percusionistas e piano

Música orquestral

editar
  • Gethsemane (1947) para pequena orquestra
  • Diptych (1955) para orquestra
  • Variazioni (1959) para grande orquestra
  • Echoes of Time and the River (Echoes II) (1967) para orquestra
  • A Haunted Landscape (1984) para orquestra

Películas

editar

George Crumb: The Voice of the Whale (1976). Dirixida e producida por Robert Mugge. Entrevista a cargo de Richard Wernick. Nova YorkRhapsody Films (1988).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar