Cuarteto de corda

Un cuarteto de corda é un conxunto instrumental de catro instrumentos de corda normalmente composto por dous violíns, unha viola e un violoncello. Denomínase tamén cuarteto á estrutura dunha forma en catro movementos similar á sonata clásica.

Cuarteto de corda. Dende a esquerda á dereita: violín 1, violín 2, viola e violoncello.

Entre os principais autores de cuartetos de corda atopamos a Haydn, Mozart, Beethoven ou Schubert.