Abrir o menú principal

Toni Morrison

escritora estadounidense

Toni Morrison, nada como Chloe Ardelia Wofford en Ohio o 18 de febreiro de 1931 e finada en Nova York o 5 de agosto de 2019,[1] foi unha escritora estadounidense, Premio Nobel de Literatura en 1993.

Toni Morrison
Nobel prize medal.svg
Toni Morrison.jpg
Nome completoChloe Ardelia Wofford
Nacemento18 de febreiro de 1931
 Lorain
Falecemento5 de agosto de 2019
 Bronx
Causapneumonía
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaAfroamericano
Alma máterHoward University, Universidade Cornell e Universidade Rutgers
Ocupaciónescritora, novelista, libretista, catedrática, poeta e escritora de literatura infantil
Coñecido/a porThe Bluest Eye, Sula, Song of Solomon, Tar Baby, Beloved, Jazz, Paradise, Love, A Mercy, Home e God Help the Child
PremiosPremio Nobel de Literatura, Cabaleiro da Lexión de Honra, Commandeur des Arts et des Lettres‎, Norman Mailer Prize, Medalha Nacional de Humanidades, The Nichols-Chancellor's Medal, PEN Oakland/Josephine Miles Literary Award, Janet Heidinger Kafka Prize, American Book Awards, Anisfield-Wolf Book Awards, Prémio Pulitzer de Ficção, Helmerich Award, Common Wealth Award of Distinguished Service, Jefferson Lecture, NAACP Image Award for Outstanding Literary Work, Fiction, Medalla Presidencial da Liberdade, Library of Congress Living Legend, Ohio Women's Hall of Fame, Langston Hughes Medal, New Jersey Hall of Fame, Honorary doctor of the Paris-Sorbonne University, Honorary doctor of the University of Oxford e Honorary doctor of the University of Geneva
Toni Morrison (signature).svg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Toni Morrison naceu o 18 de febreiro de 1931 na localidade de Lorain, no estado de Ohio no seo dunha familia de raza negra moi pobre. Bautizada co nome Chloe Anthony Wofford, posteriormente adoptaría o nome literario Toni Morrison, tomando o nome do seu alcume familar e o apelido de marido, o arquitecto Harold Morrison, co que estivo casada seis anos (desde 1958 ata 1964) e con quen tivo dous fillos.

En 1949 comezou os seus estudos na Universidade de Howard en Washington, D.C. e continuou na Universidade Cornell ata que en 1955 se graduó en Filoloxía inglesa. Comezou a dar clases de inglés na Universidade de Texas ata 1955 e na Universidade de Howard. En 1964, comezou a traballar como editora literaria na editorial Random House de Nova York. Tamén foi profesora na Universidade Estatal de Nova York (SUNY) en Albany. Foi profesora Robert F. Goheen de humanidades na Universidade de Princeton. É membro da Academia Americana das Artes e as Letras e do Consello Nacional das Artes.

Axudou a Angela Davis a escribir a súa autobiografía.[2]

Obra literariaEditar

Morrison nas súas obras fala da vida das persoas de raza negra, especialmente das mulleres negras, enxalzando a esta comunidade. É unha muller combatente a favor dos dereitos civís e comprometida coa loita en contra da discriminación racial.

O primeiro libro de Toni Morrison apareceu en 1970, cando ela rozaba os 40 anos, The Bluest Eye (Ollos azuis) narra a historia dunha nena negra, Pecola, que quere ter os ollos da cor das bonecas das nenas brancas. O seu segundo libro Sula publícase en 1973 e en 1977 Song of Salomon (A canción de Salomón), un relato sobre a reunion do materialismo e o poder do amor que se converteu rapidamente nun éxito popular e que lle valeu o Premio da Crítica (National Book Critics Award) dese ano.

En 1981 saíu á luz Tar Baby, e seis anos despois, en 1987 aparece Beloved, un libro que relata a historia dunha escrava que atopa a liberdade, pero que mata á súa filla en idade infantil para salvala da escravitude. Este libro supuxo a súa consagración definitiva e valeulle a obtención do Premio Pulitzer. A continuación apareceron Jazz (1992) e Playing in the dark (Xogando na escuridade, 1992), que foron grandes éxitos de vendas.

En 1993, aínda que as súas obras completas non comprendían máis que seis títulos, estes bastáronlle para que lle fose outorgado o Premio Nobel de Literatura e así se converteuse na primeira muller de raza negra en recibir esta distinción.

No ano 1999 publicou o seu sétimo libro, Paradise, e no 2003 Love (Amor), unha novela que narra a historia de odio entre dúas mulleres que aman ao mesmo home.

ObraEditar

NovelaEditar

  • The Bluest Eye (Ollos azuis), 1970.
  • Sula, 1973.
  • Song of Solomon (A canción de Salomón), 1977
  • Tar Baby (A illa dos cabaleiros), 1981.
  • Beloved, 1987.
  • Jazz, 1992
  • Paradise (Paraíso), 1999.
  • Love (Amor), 2003.
  • A Mercy. 2008

Obras de TeatroEditar

  • Dreaming Emmet, 1986

Non ficciónEditar

  • Remember:The Journey to School Integration (Abril 2004)
  • Playing in the Dark (Xogando na escuridade), 1993.
  • The Black Book (1974)

NotasEditar

  1. Páxina 12, ed. (6 de agosto de 2019). "Murió Toni Morrison, la primera escritora negra en ganar el Nobel de Literatura" (en castelán). Consultado o 7 de agosto de 2019. 
  2. Zas Marcos, Mónica. "El día que Toni Morrison convenció a Angela Davis para escribir una de las grandes biografías de nuestra era". eldiario.es (en castelán). Consultado o 8 de agosto de 2019. 

Véxase taménEditar