Saul Bellow
Saul Bellow, nado en Lachine (Québec) o 10 de xuño de 1915 e finado en Brookline (Massachusetts) o 5 de abril de 2005, foi un escritor norteamericano de orixe xudía. Naceu no Canadá, pero viviu desde pequeno nos Estados Unidos. Foi galardoado co Premio Nobel de Literatura en 1976.
Saul Bellow ![]() | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Solomon Bellows |
Nacemento | 10 de xuño de 1915 |
Lachine, Canadá | |
Falecemento | 5 de abril de 2005 (89 anos) |
Brookline, Massachusetts, Estados Unidos | |
Soterrado | Brattleboro e Morningside Cemetery |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Relixión | xudaísmo |
Alma máter | Universidade de Wisconsin-Madison, Universidade de Chicago, Universidade Northwestern, Roberto Clemente Community Academy, Camp B'nai Brith e Weinberg College of Arts and Sciences |
Ocupación | escritor, novelista, profesor universitario, ensaísta e autor |
Cónxuxe | valor descoñecido, valor descoñecido, valor descoñecido, Alexandra Bellow e valor descoñecido |
Fillos | Adam Bellow |
Xéneros | novela |
Coñecido/a por | As Aventuras de Augie March, Herzog e Henderson the Rain King |
Premios | Premio Nobel de Literatura, Bolsa de estudos Guggenheim, National Medal of Arts, National Book Award for Fiction, National Book Award for Fiction, National Book Award for Fiction, Premio Pulitzer de Ficción, Jefferson Lecture, St. Louis Literary Award, Prémio PEN/Malamud, Helmerich Award, Common Wealth Award of Distinguished Service, Emerson-Thoreau Medal, Prix Formentor, Oficial da Lexión de Honra, O. Henry Award, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences e Bolsa de estudos Guggenheim |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Naceu no seo dunha familia xudía de orixe rusa. Aos 9 anos a súa familia trasladouse a Chicago. Participou como soldado na segunda guerra mundial, estudou na Universidade de Northwestern e foi profesor da de Chicago. Estivo casado en cinco ocasións. Considéraselle un referente dentro do grupo de escritores norteamericanos de relixión xudía da segunda metade do século XX.
A súa primeira novela, Dangling man (1944), reflicte a ansiedade e a preocupación dun mozo que espera ser mobilizado en tempo de guerra. A esta primeira novela seguiulle The victim (1947). Tras obter unha bolsa da fundación Guggenheim, Bellow viviu durante un tempo en Europa, onde escribiu a maior parte de The Adventures of Augie March (1953). Esta novela, un longo relato libremente estruturado cun heroe propio da picaresca, ofrece un vivo e humorístico retrato da comunidade xudía de Chicago a través dun mozo en busca da súa identidade. A humanidade moderna, ameazada con perder a súa identidade pero aínda non destruída espiritualmente, é o tema das súas obras posteriores, Seize the Day (1956) e Henderson the Rain King (1959). Herzog (1964) e Mr. Sammler's Planet (1970), galardoadas co National Book Award (Premio Nacional do Libro), retratan aos intelectuais xudeus na súa loita contra o malestar espiritual que os rodea.
Pulitzer e Nobel editar
Bellow recibiu o Premio Pulitzer en 1976 por Humboldt's Gift (1975) e tres meses máis tarde foi laureado co Premio Nobel de Literatura (1976) pola comprensión e análise sutil que realiza da sociedade contemporánea nos seus traballos. O autor prosegue a súa análise da cultura contemporánea en The Dean's December (1982). Bellow dominou o escenario da ficción americana, en especial o do romance xudeu-americano na posguerra. O seu traballo expresa a ascensión da sensibilidade dos inmigrantes xudeus a un lugar de poder e visión na América urbana contemporánea, ben como a angustia moral daqueles que se viron como "superviventes" do Holocausto - como Sammler, heroe de seu libro Mr. Sammler's Planet.
Obras editar
Ficción editar
- Dangling Man (1944)
- The Victim (1947)
- The Adventures of Augie March (1953)
- Seize the Day (1956)
- Henderson the Rain King (1959)
- Herzog (1964)
- Mosby's Memoirs (contos que aparecen tamén en Collected Stories) (1968)
- Mr. Sammler's Planet (1970)
- Humboldt's Gift (1975), co que gañou o Pulitzer de 1976
- The Dean's December (1982)
- Him with His Foot in His Mouth (contos que aparecen tamén en Collected Stories) (1984)
- More Die of Heartbreak(1987)
- A Theft (1989)
- The Bellarosa Connection (1989)
- Something to Remember Me By: Three Tales (cos contos A Theft e The Bellarosa Connection) (1991)
- The Actual (1997)
- Ravelstein (2000)
- Collected Stories (2001)
Ensaios editar
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Site Nobel con dous discursos (un gravado) e biografía.