Movemento polos dereitos civís nos Estados Unidos

movemento social durante o século XX

O Movemento polos dereitos civís nos Estados Unidos foi unha loita longa, e principalmente non-violenta, para estender o acceso pleno ós dereitos civís e a igualdade ante a lei ós grupos que non os teñen, sobre todo ós cidadáns negros. Foron numerosos movementos a prol doutros grupos nos Estados Unidos a través do tempo, pero xeralmente úsase o termo para referirse ás loitas que tomaron lugar entre 1955 e 1968 para rematar coa discriminación contra os afroamericanos e rematar coa segregación racial, especialmente no sur dos Estados Unidos.

King falando na marcha polos dereitos civís no monumento a Lincoln durante a marcha de 1963.

Adoita considerarse que este período comeza co boicot de autobuses de Montgomery en 1955 e remata co asasinato de Martin Luther King en 1968, aínda que o movemento polos dereitos civís nos Estados Unidos segue de moitas formas até os nosos días.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar