escritor, autobiógrafo, autor de diarios, biógrafo, novelista, diplomático e historiador da arte
Pai
Chérubin Beyle
Nai
Henriette Gagnon
Irmáns
Pauline Beyle
Coñecido por
Vermello e negro, A Cartuxa de Parma, On Love, Memoirs of an Egotist, Mémoires d'un touriste, Vanina Vanini, Lucien Leuwen, Armance, The Life of Henry Brulard, Rome, Naples and Florence, Racine and Shakespeare, Italian Chronicles e Histoire de la peinture en Italie
Valorado pola súa aguda análise de caracteres e a concisión do seu estilo, é considerado un dos literatos máis importantes e máis temperáns do Realismo.
Henri Beyle empregou diferentes pseudónimos para asinar os seus escritos, sendo Stendhal o máis coñecido deles. Existen dúas hipóteses plausibles sobre a orixe do pseudónimo:[3][4] a máis aceptada é que tomase o pseudónimo da cidade alemá de Stendal, lugar de nacemento de Johann Joachim Winckelmann, fundador da arqueoloxía moderna a quen admiraba. Unha segunda hipótese é que o pseudónimo sexa un anagrama de Shetland, unhas illas que Stendhal coñeceu e que lle deixaron unha profunda impresión.