Coordenadas: 55°54′N 37°27′L / 55.900, -37.450

Khimki (en ruso: Химки) é unha cidade do óblast de Moscova en Rusia. Atópase situada ao noroeste de Moscova, á beira da Canle de Moscova. A súa poboación ascendía a 183.551 habitantes no ano 2008.

Khimki
Химки
Vista da cidade
Localización
Rusia (Europa)
Khimki
Khimki
PaísRusia Rusia
Distrito FederalÓblast de Moscova
Xeografía
Superficie109,81 km² km²
Demografía
Poboación207 425 hab. (2010)
Densidade1 889 hab./km²
Outros datos
Código postal141400-141446
AlcaldeOleg Shakhov
Páxina Oficial

Historia editar

A cidade de Khimki estableceuse oficialmente en 1939. Desenvolveuse ao redor da estación de tren co mesmo nome que existe desde 1850 e que forma parte da ruta Moscova-San Petersburgo. Toda a cidade de Jimki ten as fronteiras coa cidade de Moscova. Khimki ten unha sucursal da Biblioteca Estatal de Rusia, que foi protexida na Unión Soviética e máis tarde na Federación Rusa, así como polos xornais en Rusia e a Unión Soviética.

Nos últimos anos, Khimki, foi un suburbio de Moscova que continuou o seu desenvolvemento e no que se construíron moitos edificios de vivendas. A cidade está atravesada pola estrada que une Moscova co Aeroporto Internacional de Sheremetyevo. Hai un Mega Mall, un dos dous máis grandes en Rusia, tamén hai un hipermercado Auchan e unha gran tenda de mobles de Ikea.

Poboación editar

Khimki na contaba cunha poboación de 183.551 en 2008.

Evolución demográfica de Khimki.
1926 1939 1959 1970 1979 1989 1992 2002 2008
2.900 23.100 47.800 86.600 111.900 132.902 141.000 162.074 183.551

Economía editar

 
Entrada a Khimki.

Despois da segunda guerra mundial, Khimki recibiu varios centros de investigación, entre eles a produción do complexo militar-industrial da Unión Soviética.

  • ONP Energomach, líder mundial no deseño e a fabricación de motores de foguete de combustible líquido.
  • NPO Lavochkine dedicada ao deseño e fabricación de naves espaciais.
  • MBK Fakel, desenvolve programas para o guiado de mísiles de defensa aérea.

Estas actividades empregan á maioría da poboación da cidade, que foi, por razóns de seguridade, prohibida aos viaxeiros.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar