Johannes Voigtmann

baloncestista alemán

Johannes Voigtmann, nado o 20 de setembro de 1992 en Eisenach, é un xogador profesional de baloncesto alemán que xoga para o PBC CSKA Moscova da VTB United League. Cunha estatura de 2,14 metros xoga na posición de pivote.

Johannes Voigtmann
CSKA Moscova  – No. 17
Información persoal
Nacemento 20 de setembro de 1992 (31 anos)
Alemaña Eisenach
Nacionalidade Alemaña Alemaña
Altura 2,14 m (7 ft 0 in)
Peso oficial 115 kg (254 lb)
Posición Pivote
Información da carreira
NBA Draft 2014 / Elección: Sen draftear
Carreira dende 2010
Historial de equipos

Alemaña Science City Jena (2010–2012)
Alemaña Skyliners Frankfurt (2012–2016)
España Baskonia (2016–2019)
Rusia CSKA Moscova (2019–)

Traxectoria profesional editar

O 23 de xuño de 2016, anunciouse a súa fichaxe polo Baskonia da Liga ACB.[1]

O 2 de xullo de 2019, Voigtmann fichou polo CSKA Moscova tras firmar un contrato por dúas tempadas, converténdose no primeiro xogador alemán da historia en xogar no equipo ruso.[2]

Notas editar

  1. "Johannes Voigtmann, primer refuerzo del Laboral Kutxa para el nuevo curso". ACB.com. 23 de xuño de 2016. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2016. Consultado o 23 de xuño de 2016. 
  2. "Voigtmann llega al CSKA Moscú". Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2019. Consultado o 03 de xullo de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar