Nikola Milutinov

baloncestista serbio

Nikola Milutinov, nado o 30 de decembro de 1994 en Novi Sad, é un xogador serbio de baloncesto profesional que xoga no PBC CSKA Moscova da VTB United League.

Nikola Milutinov
CSKA Moscova
Pivote
Información persoal
Nacemento 30 de decembro de 1994 (25 anos)
Flag of Serbia.svg Novi Sad
Nacionalidade Serbia Serbia
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso oficial 116 kg (256 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2015 / Rolda: 1 / Elección: 26
Por San Antonio Spurs
Carreira dende 2011
Historial de equipos
KK Hemofarm (2011–2012)
Partizan (2012–2015)
Olympiacos (2015–2020)
CSKA Moscova (2020–presente)

TraxectoriaEditar

Milutinov debutou coma profesional no KK Hemofarm serbio na tempada 2011-12. En xuño de 2012, Milutinov asinou un contrato por catro anos co KK Partizan.[1]

O 25 de xuño de 2015, Milutinov foi elixido na 26ª posición do Draft da NBA de 2015 polos San Antonio Spurs.[2]

O 25 de xullo de 2015, Milutinov asinou un contrato por tres anos co Olympiacos BC grego.[3] En outubro de 2017, Milutinov e o Olympiacos chegaron a un acordo para prorrogar o seu contrato tres tempadas máis.[4]

O 2 de xuño de 2020, Milutinov asinou un contrato de tres anos co PBC CSKA Moscova ruso.[5]

NotasEditar

  1. "Milutinov pojačao Partizan, odlazi pola ekipe". vesti-online.com. 22 de xuño de 2012. Consultado o 6 de decembro de 2012. 
  2. "Spurs select Nikola Milutinov and Cady Lalanne in NBA Draft". NBA.com. 25 June 2015. Consultado o 25 June 2015. 
  3. "Olympiacos adds size with Milutinov". Euroleague.net. 25 de xullo de 2015. Consultado o 25 de xullo de 2015. 
  4. Olympiacos extended Milutinov for three more years
  5. "CSKA signs center Milutinov through 2023". euroleague.net. 2 de xuño de 2020. Consultado o 2 de xuño de 2020. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar