Marquese Chriss
Marquese De’Shawn Chriss, nado o 2 de xullo de 1997 en Sacramento, California, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Dallas Mavericks da National Basketball Association (NBA).
![]() | |
Dallas Mavericks – No. 5 | |
Ala-pivote | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 2 de xullo de 1997 (24 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
Peso oficial | 109 kg (240 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Pleasant Grove (Elk Grove, California) |
Universidade | Washington (2015–2016) |
NBA Draft | 2016 / Rolda: 1 / Elección: 8
Por Sacramento Kings |
Carreira | dende 2016 |
Historial de equipos | |
Phoenix Suns (2016–2018) Houston Rockets (2018–2019) Cleveland Cavaliers (2019) Golden State Warriors (2019–2021) Dallas Mavericks (2021–presente) | |
Premios e galardóns | |
2º Equipo de Rookies NBA (2017) |
TraxectoriaEditar
Chriss foi elixido na 8ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Sacramento Kings. Na mesma noite do Draft foi traspasado ós Phoenix Suns a cambio dos dereitos de Bogdan Bogdanović e os dereitos das eleccións 13ª e 28ª do Draft, Georgios Papagiannis e Skal Labissière.[1]
O 31 de agosto de 2018, Chriss foi traspasado xunto a Brandon Knight ós Houston Rockets a cambio de Ryan Anderson e De'Anthony Melton.[2]
O 7 de febreiro de 2019, Chriss foi traspasado xunto a Brandon Knight e dúas futuras eleccións do Draft ós Cleveland Cavaliers, nun traspaso entre tres equipos que tamén mandou a Iman Shumpert, Nik Stauskas, Wade Baldwin IV e unha elección da segunda rolda do Draft de 2021 ós Houston Rockets, e a Alec Burks e unha elección da segunda rolda do Draft de 2020 ós Sacramento Kings.[3]
O 30 de setembro de 2019, Chriss asinou cos Golden State Warriors.[4] O 25 de marzo de 2021, Chriss foi traspasado ós San Antonio Spurs a cambio dos dereitos do Draft de Cady Lalanne.[5] Tres días máis tarde, foi cortado polos Spurs.[6]
NotasEditar
- ↑ Suns Acquire Marquese Chriss in Draft-Day Trade with Kings
- ↑ "Rockets Complete Four Player Trade with Suns". NBA.com. 31 de agosto de 2018. Consultado o 31 de agosto de 2018.
- ↑ "Shumpert headed to Rockets in three-team deal". NBA.com. 7 de febreiro de 2019. Consultado o 7 de febreiro de 2019.
- ↑ "Warriors Sign Free Agent Forward Marquese Chriss". Warriors PR on Twitter. 30 de setembro de 2019. Consultado o 1 de outubro de 2019.
- ↑ "Spurs complete trade with Warriors". NBA.com. 25 de marzo de 2021. Consultado o 26 de marzo de 2021.
- ↑ Stein, Marc (28 de marzo de 2021). "The Spurs announce the release of Marquese Chriss...". Twitter.com. Consultado o 28 de marzo de 2021.