De'Anthony Melton
baloncestista estadounidense
De'Anthony Melton, nado o 28 de maio de 1998 en North Hollywood, California, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Memphis Grizzlies da National Basketball Association (NBA).
Memphis Grizzlies – No. 0 | |
Base / Escolta | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 28 de maio de 1998 (23 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,88 m (6 ft 2 in) |
Peso oficial | 91 kg (200 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Crespi (Encino, California) |
Universidade | USC (2016–2017) |
NBA Draft | 2018 / Rolda: 2 / Elección: 46
Por Houston Rockets |
Carreira | desde 2018 |
Historial de equipos | |
Phoenix Suns (2018–2019) → Northern Arizona Suns (2018–2019) Memphis Grizzlies (2019–presente) |
Traxectoria profesionalEditar
O 21 de xuño de 2018, Melton foi escollido na 46ª posición do Draft da NBA de 2018 polos Houston Rockets. O 31 de agosto de 2018, foi traspasado xunto a Ryan Anderson ós Phoenix Suns, a cambio de Brandon Knight e Marquese Chriss.[1] O 21 de setembro de 2018, Melton asinou o seu contrato de rookie cos Suns.[2]
O 7 de xullo de 2019, Melton foi traspasado xunto a Josh Jackson, unha elección da segunda rolda do Draft de 2020, e outra da segunda rolda de 2021 ós Memphis Grizzlies, a cambio de Jevon Carter e Kyle Korver.[3]
NotasEditar
- ↑ "Suns Acquire Ryan Anderson and De'Anthony Melton from Houston". NBA.com. 31 de agosto de 2018. Consultado o 31 de agosto de 2018.
- ↑ "Phoenix Suns Sign De'Anthony Melton".
- ↑ "Suns Complete Trade with Memphis". NBA.com. 7 de xullo de 2019. Consultado o 7 de xullo de 2019.