Brandon Knight
Brandon Emmanuel Knight, nado o 2 de decembro de 1991 en Fort Lauderdale, Florida, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 2 de decembro de 1991 (32 anos) Fort Lauderdale, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade de Kentucky Pine Crest School (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 191 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 84 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2011 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NBA G League, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Base | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 3 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Detroit Pistons | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarKnight foi elixido na 8ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Detroit Pistons.[1] O 9 de decembro de 2011, asinou o seu contrato polos Pistons.
O 31 de xullo de 2013, Knight foi traspasado xunto a Khris Middleton e Viacheslav Kravtsov ós Milwaukee Bucks, a cambio de Brandon Jennings.[2]
O 19 de febreiro de 2015, foi traspasado xunto a Kendall Marshall ós Phoenix Suns, nun traspaso entre os Bucks, os Suns e os Philadelphia 76ers.[3] Dous días despois fixo o seu debut cos Suns, acadando 13 puntos e 5 asistencias na derrota contra os Chicago Bulls por 112-107.[4]
O 31 de agosto de 2018, Knight foi traspasado xunto a Marquese Chriss ós Houston Rockets a cambio de Ryan Anderson e De'Anthony Melton.[5]
O 7 de febreiro de 2019, Knight foi traspasado xunto a Marquese Chriss e dúas futuras eleccións do Draft ós Cleveland Cavaliers, nun traspaso entre tres equipos que tamén mandou a Iman Shumpert, Nik Stauskas, Wade Baldwin IV e unha elección da segunda rolda do Draft de 2021 ós Houston Rockets, e a Alec Burks e unha elección da segunda rolda do Draft de 2020 ós Sacramento Kings.[6]
O 6 de febreiro de 2020, Knight foi traspasado xunto a John Henson e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023 ós Detroit Pistons, a cambio de Andre Drummond.[7]
Notas
editar- ↑ "Brandon Knight playing NBA draft". ESPN.com. 20 de abril de 2011.
- ↑ "Bucks Acquire Knight, Middleton and Kravtsov from Pistons". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 31 de xullo de 2013. Consultado o 2 de agosto de 2013.
- ↑ "Suns Acquire Brandon Knight in Three-Team Trade". NBA.com. 19 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de febreiro de 2015.
- ↑ "Gasol comes up big, Bulls beat revamped Suns 112-107". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2015. Consultado o 27 de febreiro de 2015.
- ↑ "Rockets Complete Four Player Trade with Suns". NBA.com. 31 de agosto de 2018. Consultado o 31 de agosto de 2018.
- ↑ "Shumpert headed to Rockets in three-team deal". NBA.com. 7 de febreiro de 2019. Consultado o 7 de febreiro de 2019.
- ↑ "Detroit Pistons Acquire Brandon Knight, John Henson And Future Second Round Pick". NBA.com. 6 de febreiro de 2020. Consultado o 6 de febreiro de 2020.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 26 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)