Gorgui Dieng
Gorgui Dieng, nado o 18 de xaneiro de 1990 en Kébémer, é un xogador senegalés de baloncesto profesional que xoga nos Atlanta Hawks da National Basketball Association (NBA).
![]() | |
Atlanta Hawks – No. 10 | |
Pivote | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 18 de xaneiro de 1990 (32 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,11 m (6 ft 11 in) |
Peso oficial | 108 kg (238 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Huntington Prep (Huntington, West Virginia) |
Universidade | Louisville (2010–2013) |
NBA Draft | 2013 / Rolda: 1 / Elección: 21
Por Utah Jazz |
Carreira | dende 2013 |
Historial de equipos | |
Minnesota Timberwolves (2013–2020) Memphis Grizzlies (2020–2021) San Antonio Spurs (2021) Atlanta Hawks (2021–presente) |
Traxectoria profesionalEditar
Dieng foi elixido na 21ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Utah Jazz e foi traspasado ós Minnesota Timberwolves xunto á 14ª elección, Shabazz Muhammad, a cambio da 9ª elección, Trey Burke.[1]
O 20 de marzo de 2014, nun partido contra os Houston Rockets, Dieng fixo 22 puntos e 21 rebotes, converténdose no primeiro rookie da historia dos Timberwolves en facer 20 puntos e 20 rebotes nun encontro.[2]
O 6 de febreiro de 2020, Dieng foi traspasado ós Memphis Grizzlies nun traspaso entre tres equipos.[3] O 26 de marzo de 2021, Dieng foi cortado polos Grizzlies.[4]
O 29 de marzo de 2021, Dieng asinou cos San Antonio Spurs.[5]
O 9 de agosto de 2021, Dieng asinou cos Atlanta Hawks.[6]
EstatísticasEditar
Tempada regularEditar
Tempada | Equipo | PX | MIN | %TC | %3P | %TL | REB | ASIS | ROUB | TAP | PTS |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2013-14 | Minnesota | 60 | 13.6 | .498 | 1.000 | .634 | 5.0 | 0.7 | 0.5 | 0.8 | 4.8 |
Total | 60 | 13.6 | .498 | 1.000 | .634 | 5.0 | 0.7 | 0.5 | 0.8 | 4.8 |
NotasEditar
- ↑ Baumgardner, Nick (2013-06-27). "On the move: Trey Burke ends up with Utah Jazz after being traded by the Minnesota Timberwolves". MLive.com. Consultado o 2013-06-28.
- ↑ "Harden leads Rockets over Timberwolves 129-106". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2014. Consultado o 08 de xullo de 2014.
- ↑ "Memphis Grizzlies acquire Justise Winslow, Gorgui Dieng and Dion Waiters in three-team trade with Miami Heat and Minnesota Timberwolves". NBA.com. 6 de febreiro de 2020. Consultado o 6 de febreiro de 2020.
- ↑ "Memphis Grizzlies waive Gorgui Dieng". NBA.com. 26 de marzo de 2021. Consultado o 26 de marzo de 2021.
- ↑ "Spurs sign Gorgui Dieng". NBA.com. 29 de marzo de 2021. Consultado o 29 de marzo de 2021.
- ↑ "Atlanta Hawks Sign Gorgui Dieng". NBA.com. 9 de agosto de 2021.