Abrir o menú principal

Thomas William Heinsohn, nado o 26 de agosto de 1934 en Jersey City, Nova Jersey, é un ex xogador e adestrador profesional de baloncesto membro do Basketball Hall of Fame dado os seus éxitos con Boston Celtics. Como técnico, adestrou dende 1969 a 1978. Actualmente é comentarista durante as retransmisións deportivas dos Celtics nas emisións da CSN New England.

Tom Heinsohn
Tom Heinsohn v. Philadelphia 76ers
Posición Aleiro
Dorsal 15
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 99 kg (218 lb)
Nacemento 26 de agosto de 1934 (84 anos)
Flag of New Jersey.svg Jersey City, Nova Jersey
Carreira
Universidade Holy Cross
NBA Draft 1956 / Elección: Territorial
Por Boston Celtics
Tempadas 19561965
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     12 194
Rebotes     5 749
Asistencias     1 318
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
Basketball Hall of Fame como xogador
Basketball Hall of Fame como adestrador
Adestrador

Índice

Carreira colexialEditar

Nacido en Jersey City, Tom asistiu ao Instituto St. Michael's na próxima Union City. Aceptou unha bolsa do Colexio de Holy Cros e converteuse no máximo anotador do colexio con 1.789 puntos, cunha media de 22,1 por partido. Durante o seu ano senior, anótó nun encontro contra Boston College 51 puntos, tamén unha marca.

Carreira profesionalEditar

En 1956, Heinsohn asinou por Boston Celtics. Na súa primeira tempada, foi All-Star, Rookie do Ano e gañou o anel. Formou parte do mítico cadro dos Celtics que gañou oito campionatos en nove anos. Na historia da NBA, só os seus compañeiros Bill Russell e Sam Jones gañaron máis aneis. En toda a súa carreira, Heinsohn foi seleccionado para disputar o All-Star en seis ocasiones. O día da retirada do seu compañeiro de equipo Bob Cousy, Heinsohn anotou o seu punto 10.000. En 1966, foi retirado o seu dorsal 15.

Carreira de adestradorEditar

Tras retirarse, converteuse no adestrador dos Celtics. Durante a campaña 1972-73, liderou ao seu equipo a unha marca de 68-14 e foi nomeado Adestrador do Ano. A tempada seguinte e en 1976, Heinsohn e os Celtics gañaron o campionato.

TítulosEditar

Véxase taménEditar