James Posey
James Mikely Mantell Posey, Jr., nado o 13 de xaneiro de 1977 en Cleveland, Ohio, é un antigo xogador profesional e actual adestrador de baloncesto estadounidense, que actualmente é adestrador asistente dos Cleveland Cavaliers da National Basketball Association (NBA).
James Posey | |
---|---|
Posición | Ala |
Dorsal | 41, 55, 42 |
Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
Peso oficial | 98 kg (217 lb) |
Nacemento | 13 de xaneiro de 1977 (46 anos)![]() |
Carreira | |
Universidade | Xavier (1996–1999) |
NBA Draft | 1999 / Rolda: 1 / Elección: 18 Por Denver Nuggets |
Tempadas | 1999–2011 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 7 419 (8,6 pp) |
Rebotes | 4 061 (4,7 pp) |
Asistencias | 1 413 (1,6 pp) |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
| |
Adestrador | |
|
Traxectoria profesionalEditar
Posey foi seleccionado na 18ª posición do Draft da NBA de 1999 polos Denver Nuggets. Xogou pouco máis de tres tempadas en Denver antes de ser traspasado ós Houston Rockets nun traspaso entre os Nuggets, os Rockets e os Philadelphia 76ers o 18 de decembro de 2002. Tras rematar a tempada cos Rockets, asinou cos Memphis Grizzlies coma axente libre no verán de 2003.
O 2 de agosto de 2005, Posey foi parte do maior traspaso da historia da NBA, na que estiveron implicados trece xogadores e cinco equipos diferentes. Como parte do acordo, os Miami Heat recibiron a Posey, Jason Williams, Antoine Walker, Andre Emmett e os dereitos do Draft de Roberto Dueñas. Os Memphis Grizzlies recibiron a Eddie Jones, e ó base Raül López. Boston recibiu a Qyntel Woods, Curtis Borchardt, os dereitos do Draft de Albert Miralles, dúas eleccións da segunda rolda do Draft, e diñeiro. Utah Jazz recibiu a Greg Ostertag, e os New Orleans Hornets a Rasual Butler e Kirk Snyder.
Na tempada 2005-06, Posey conseguiu con Miami o seu primeiro anel de campión da NBA, despois de que os Heat gañaran por 4-2 nas Finais da NBA ós Dallas Mavericks. Posey acadou 7.3 puntos e 6 rebotes por partidos nas Finais.
O 25 de agosto de 2007, Posey asinou cos Boston Celtics. Nas Finais da NBA de 2008, Posey conseguiu o seu segundo campionato da NBA, na que os Celtics derrotaron por 4-2 ós Los Angeles Lakers.
O 16 de xullo de 2008, Posey asinou cos New Orleans Hornets un contrato de catro anos e 25 millóns de dólares.[1]
O 11 de agosto de 2010, Posey foi traspasado xunto a Darren Collison ós Indiana Pacers, nun traspaso entre catro equipos.[2] O 12 de decembro de 2011, os Pacers utilizaron a cláusula de amnistía para cortar a Posey.[3]
EstatísticasEditar
Lenda | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
PX | Partidos xogados | MPP | Minutos por partido | %TC | Porcentaxe de tiros de campo | %3P | Porcentaxe de tiros de 3 |
%TL | Porcentaxe de tiros libres | RPP | Rebotes por partido | APP | Asistencias por partido | ROU | Roubos de balón por partido |
TPP | Tapóns por partido | PPP | Puntos por partido | Negra | Máximo de carreira |
Tempada regularEditar
Ano | Equipo | PX | MPP | %TC | %3P | %TL | RPP | APP | ROU | TPP | PPP |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1999–00 | Denver | 81 | 25.3 | .429 | .373 | .800 | 3.9 | 1.8 | 1.2 | 0.4 | 8.2 |
2000–01 | Denver | 82 | 27.5 | .412 | .300 | .816 | 5.3 | 2.0 | 1.1 | 0.5 | 8.1 |
2001–02 | Denver | 73 | 30.7 | .376 | .283 | .793 | 5.9 | 2.5 | 1.6 | 0.5 | 10.7 |
2002–03 | Denver | 25 | 34.9 | .373 | .273 | .843 | 5.8 | 3.1 | 1.2 | 0.2 | 14.1 |
2002–03 | Houston | 58 | 28.4 | .439 | .326 | .826 | 4.8 | 1.8 | 1.3 | 0.2 | 9.3 |
2003–04 | Memphis | 82 | 29.9 | .478 | .386 | .830 | 4.9 | 1.5 | 1.7 | 0.5 | 13.7 |
2004–05 | Memphis | 50 | 27.6 | .357 | .309 | .865 | 4.4 | 1.8 | 1.0 | 0.5 | 8.1 |
2005–06 | Miami | 67 | 28.6 | .403 | .403 | .787 | 4.8 | 1.3 | 0.8 | 0.3 | 7.2 |
2006–07 | Miami | 71 | 27.0 | .431 | .375 | .827 | 5.0 | 1.3 | 1.0 | 0.3 | 7.7 |
2007–08 | Boston | 74 | 24.6 | .418 | .380 | .809 | 4.4 | 1.5 | 1.0 | 0.3 | 7.4 |
2008–09 | New Orleans | 75 | 28.5 | .412 | .369 | .822 | 4.8 | 1.1 | 0.8 | 0.3 | 8.9 |
2009–10 | New Orleans | 77 | 22.5 | .365 | .335 | .825 | 4.3 | 1.5 | 0.5 | 0.2 | 5.2 |
2010–11 | Indiana | 49 | 17.1 | .336 | .316 | .733 | 3.0 | 0.7 | 0.5 | 0.1 | 4.9 |
Total | 864 | 26.9 | .410 | .349 | .820 | 4.7 | 1.6 | 1.1 | 0.3 | 8.6 |
PlayoffsEditar
Ano | Equipo | PX | MPP | %TC | %3P | %TL | RPP | APP | ROU | TPP | PPP |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2004 | Memphis | 4 | 32.5 | .405 | .167 | .905 | 5.5 | 1.0 | 2.3 | 0.5 | 12.5 |
2005 | Memphis | 4 | 25.0 | .440 | .467 | .769 | 3.3 | 1.0 | 0.5 | 0.3 | 9.8 |
2006 | Miami | 22 | 27.5 | .430 | .422 | .730 | 5.7 | 0.9 | 0.8 | 0.1 | 7.3 |
2007 | Miami | 4 | 34.8 | .385 | .316 | 1.000 | 7.8 | 1.5 | 2.0 | 1.3 | 7.8 |
2008 | Boston | 26 | 22.0 | .437 | .398 | .875 | 3.6 | 1.1 | 1.0 | 0.3 | 6.7 |
2009 | New Orleans | 5 | 24.6 | .375 | .263 | .846 | 6.2 | 0.6 | 0.6 | 0.0 | 11.4 |
Total | 65 | 25.7 | .421 | .387 | .831 | 4.8 | 1.0 | 1.0 | 0.3 | 7.9 |
NotasEditar
- ↑ ESPN – Posey agrees to four-year deal with Hornets – NBA
- ↑ "Pacers get Collison from Hornets in 4-team trade". NBA.com. 11 de agosto de 2010. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2010. Consultado o 11 de agosto de 2010.
- ↑ "Indiana Pacers Waive James Posey Under Amnesty Clause". SI.com. 12 de decembro de 2011. Consultado o 12 de decembro de 2011.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 06 de xullo de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)