Curtis Borchardt
baloncestista estadounidense
Curtis Alan Borchardt, nado o 13 de setembro de 1980 en Buffalo, Nova York, é un ex xogador de baloncesto estadounidense.
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 13 de setembro de 1980 (43 anos) Buffalo, Nova York |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,13 m (7 ft 0 in) |
Peso oficial | 109 kg (240 lb) |
Posición | Pivote |
Información da carreira | |
Instituto | Eastlake (Sammamish, Washington) |
Universidade | Stanford (1999–2002) |
NBA Draft | 2002 / Rolda: 1 / Elección: 18 Por Orlando Magic |
Carreira | 2003–2012 |
Historial de equipos | |
Utah Jazz (2003–2005) Granada (2005–2009) ASVEL Basket (2009–2010) Valladolid (2012) |
Traxectoria profesional
editarBorchardt foi elixido na 18ª posición do Draft da NBA de 2002 polos Orlando Magic, pero foi traspasado ós Utah Jazz. Na súa primeira tempada na NBA non puido debutar debido ás lesións, e fixo o seu debut na tempada 2003-04 cos Jazz. O 2 de agosto de 2005, Borchardt foi traspasado ós Boston Celtics nun traspaso entre cinco equipos e 13 xogadores.[1]
En decembro de 2005, Borchardt chegou ó CB Granada da Liga ACB.[2] Tras catro tempadas en Granada, Borchardt asinou co ASVEL Basket da LNB Pro A.[3] Borchardt rematou a súa carreira no CB Valladolid da Liga ACB en 2012.
Notas
editar- ↑ Celtics Acquire Future Value In Antoine Walker Sign & Trade.
- ↑ "El CB Granada ficha al pívot Curtis Borchardt, con experiencia NBA.". Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2020. Consultado o 31 de xullo de 2020.
- ↑ "ASVEL.com Borchardt signed with ASVEL.". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2009. Consultado o 04 de xullo de 2009.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 22 de xuño de 2020 en Wayback Machine. (en inglés)