CB Granada
O Club Baloncesto Granada, S.A.D. foi un club profesional de baloncesto español con sede na cidade de Granada, Andalucía. Fundado en 1994, foi creado para cubrir a desaparición por problemas económicos do Club Deportivo Oximesa. Partindo da segunda categoría, a Liga EBA e tras comprar a praza do Club Baloncesto Salamanca, o equipo xogou doce temporadas na Liga ACB até a súa desaparición en 2012 debido a problemas institucionais e económicos.
Club Baloncesto Granada | |
Información xeral | |
---|---|
Fundación | 28 de xuño de 1994 |
Desaparición | 2012 |
Historia | C.A.B. Granada (1994−1996) |
Cores | Granate, verde |
Localización | |
Cidade | Granada, España |
Pavillón | Palacio de Deportes |
Capacidade | 8 546 |
Inauguración | 1991 |
cbgranada.com |
- Para o actual equipo de baloncesto de Granada, véxase Fundación CB Granada.
Traxectoria
editarO CB Granada SAD sucedeu ao anterior club da cidade, o Club Deportivo Oximesa, desaparecido por problemas económicos. O Club Asociación Baloncesto Granada (C.A.B. Granada) constituíuse o 28 de xuño de 1994 so a fórmula de Asociación Deportiva procedendo do desaparecido C.A.B. Loja. Tras participar dous anos na Liga EBA, o 14 de xuño de 1996 o CAB Granada comprou os dereitos para participar na Liga ACB ao Club Baloncesto Salamanca. O 11 de xullo dese mesmo ano, o club constitúese en Sociedade Anónima Deportiva.
Na temporada 1998−99, o Granada descende á Liga LEB, logrando regresar á máxima categría dúas temporadas despois, na temporada 2000−01. Dúas temporadas despois o club volve perder a categoría, mais retorna na campaña 2003−04 tras só unha tempada na LEB. Despois de sete temporadas consecutivas na ACB, onde non consegue superar o décimo lugar, o equipo desence na temporada 2010−11 á Liga LEB Ouro. Na segunda categoría o club finaliza en último lugar, decendendo á LEB Prata. Tras diversos problemas institucionais e económicos, o club anunciou a liquidación da entidade e a súa desaparición.
Patrocinios
editarPor motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:
- SPAR Granada (1994–1996)
- Covirán Sierra Nevada (1996–1998)
- Covirán Cervezas Alhambra (1998–1999)
Xogadores
editarDestacados
editar- José Miguel Antúnez
- Carlos Cherry
- David Doblas
- Salva Guardia
- Tomás Jofresa
- Oriol Junyent
- Héctor Manzano
- Nacho Ordín
- José Antonio Paraíso
- César Sanmartín
- Nicolás Gianella
- Juan Ignacio Jasen
- Joe Ingles
- Augusto Lima
- Rafael Luz
- Danya Abrams
- Curtis Borchardt
- Dan Godfread
- Kenny Green
- Darvin Ham
- Richard Hendrix
- Chris McNealy
- Richard Scott
- John Williams
- Giorgos Sigalas
- Jón Stefánsson
- Andrea Pecile
- Vlado Šćepanović
Adestradores
editarA seguinte é unha lista dos adestradores do CB Granada.
- Antonio Gómez Nieto (1994–1996)
- José Alberto Pesquera (1996–1997)
- Pedro Martínez (1997–1998)
- Antonio Gómez Nieto (1998)
- Miguel Ángel Martín (1998–1999)
- David Cárdenas (1999)
- Iñaki Irirarte (1999–2000)
- Kike Gutiérrez (2000)
- José Alberto Pesquera (2000)
- Antonio Gómez Nieto (2000–2003)
- Sergio Valdeolmillos (2003–2008)
- Trifón Poch (2008–2011)
- Curro Segura (2011–2012)
- Miguel Ángel Zapata (2012)
Palmarés
editarCopa de Andalucía
- Campións (3): 2000, 2004, 2006
- Subcampións (2): 2008, 2009
Historial
editarAno | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa do Rei | Outras copas | Competicións europeas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1994–95 | 2 | EBA | 3º | 23–13 | ||||||
1995–96 | 2 | EBA | 1º | 24−6 | ||||||
1996–97 | 1 | ACB | 13º | 14–20 | 3 Copa Korać | DF | 5–3 | |||
1997–98 | 1 | ACB | 16º | 14–25 | ||||||
1998–99 | 1 | ACB | 17º | 8–26 | ||||||
1999–00 | 2 | LEB | 10º | 16–19 | Copa Príncipe | CF | ||||
2000–01 | 2 | LEB | 2º | 26–16 | ||||||
2001–02 | 1 | ACB | 14º | 12–22 | ||||||
2002–03 | 1 | ACB | 18º | 5–29 | ||||||
2003–04 | 2 | LEB | 2º | 27–17 | ||||||
2004–05 | 1 | ACB | 15º | 12–22 | ||||||
2005–06 | 1 | ACB | 13º | 14–20 | Supercopa | 2º | ||||
2006–07 | 1 | ACB | 11º | 15–19 | ||||||
2007–08 | 1 | ACB | 15º | 12–22 | ||||||
2008–09 | 1 | ACB | 11º | 12–20 | ||||||
2009–10 | 1 | ACB | 10º | 15–19 | ||||||
2010–11 | 1 | ACB | 17º | 7–27 | ||||||
2011–12 | 2 | LEB | 18º | 7–27 |