Kenny Green
Kenneth Anthony Green, nado o 11 de outubro de 1964 en Eustis, Florida, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense formado na universidade de Rhode Island. Cunha altura de 2,03 metros xogaba na posición de ala-pivote. Está considerado un dos mellores "matadores" da historia da ACB.[1]
Kenny Green | |
---|---|
Posición | Ala-pivote |
Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
Peso oficial | 96 kg (212 lb) |
Nacemento | 11 de outubro de 1964 (58 anos) |
Carreira | |
Tempadas | 1990–2002 |
Universidade | Rhode Island (1986–1990) |
Equipo(s) | |
Rapid City Thrillers (1990) Columbus Horizon (1991) Efes Pilsen Istambul (1991–1992) JDA Dijon (1992) Cáceres C.B. (1992−1993) Banco Natwest Zaragoza (1993−1994) Taugrés (1994−1997) Ülker Istambul (1997-1998) Covirán Sierra Nevada (1998) Breogán Universidade (1998–2000) Drac Inca (2001−2002) | |
Estatísticas (ACB) | |
Puntos | 2385 (17,5 pp) |
Rebotes | 1311 (9,6 pp) |
Tapóns | 327 (2,4 pp) |
Premios | |
1× Copa Saporta (1996) 1× Liga de Turquía (1992) 1× Copa do Rei (1995) 1× MVP da ACB (1997) 1× Máximo taponador CBA (1992) 1× Máximo taponador ACB (1995) 1× Máximo matador ACB (1995) |
TraxectoriaEditar
ClubsEditar
- Rapid City Thrillers (CBA, 1990)
- Columbus Horizon (CBA, 1991)
- Efes Pilsen Istambul (TBL, 1991–1992)
- JDA Dijon (Nationale A1, 1992)
- Cáceres C.B. (ACB, 1992−1993)
- Banco Natwest Zaragoza (ACB, 1993−1994)
- Taugrés (ACB, 1994−1997)
- Ülker Istambul (TBL, 1997-1998)
- Covirán Sierra Nevada (ACB, 1998)
- Breogán Universidade (LEB / ACB, 1998–2000)
- Drac Inca (LEB, 2001-2002)
HoxeEditar
Kenny Green está hoxe arruinado e atrapado en Qatar, onde adestraba a un equipo de Doha dende 2005. Ese ano a súa nai enfermou de cancro, tendo que pedir un préstamo de 153.000 dólares para o seu tratamento, suma que non puido devolver, o que o pode levar á cadea. Para facer fronte á débeda tivo que vender a súa casa de Florida, a baixo prezo debido á crise inmobiliaria deses anos. Finalmente a súa nai faleceu, e fixéronse campañas dende as cidades onde xogou (en especial Vitoria) e de excompañeiros (como Jorge Garbajosa) para axudalo economicamente.[2]