Kendrick Perkins
Kendrick La'Dale Perkins, nado o 10 de novembro de 1984 en Nederland, Texas, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Canton Charge da NBA G League.
Canton Charge | |
Posición | Pivote |
---|---|
Liga | NBA D-League |
Información persoal | |
Nacemento | 10 de novembro de 1984 (39 anos) Nederland, Texas |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
Peso oficial | 127 kg (280 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Clifton J. Ozen (Beaumont, Texas) |
NBA Draft | 2003 / Rolda: 1 / Elección: 27 Por Memphis Grizzlies |
Carreira | dende 2003 |
Historial de equipos | |
Boston Celtics (2003–2011) Oklahoma City Thunder (2011–2015) Cleveland Cavaliers (2015) New Orleans Pelicans (2015–2016) Canton Charge (2017–presente) | |
Premios e galardóns | |
1× Campión da NBA (2008) |
Traxectoria
editarGraduouse no instituto Clifton J. Ozen en Beaumont, Texas, en 2003. Durante a súa traxectoria no instituto liderou a Ozen High a conseguir catro campionatos de distritos consecutivos, ademais dun estatal. Coñecíaselle coma Baby Shaq. En 2003, foi seleccionado para disputar o prestixioso All-American McDonald's.
En 2003, foi elixido no Draft da NBA de 2003 polos Memphis Grizzlies na posición 27ª, aínda que inmediatamente foi traspasado xunto con Marcus Banks a Boston a cambio de Troy Bell e Dahntay Jones. Gañou o anel de campión da NBA cos Boston Celtics na tempada 2007-08, ano no que fixo tamén as súas mellores medias ata entón, asinando 8.5 puntos, 8.1 rebotes e 2.0 tapóns por partido.
O 24 de febreiro de 2011, Perkins e Nate Robinson foron traspasados aos Oklahoma City Thunder a cambio de Jeff Green e Nenad Krstić. En 2012, Perkins chegou ás Finais da NBA cos Thunder, pero foron derrotados polos Miami Heat. O 19 de febreiro de 2015, Perkins foi traspasado ós Utah Jazz nun traspaso entre os Thunder, os Jazz e os Detroit Pistons.[1] Dous días máis tarde, foi cortado polos Jazz.[2]
O 24 de febreiro de 2015, Perkins asinou cos Cleveland Cavaliers.[3] Fixo o seu debut con Cleveland o día seguinte na vitoria contra os Detroit Pistons por 102-93. Perkins fixo dous puntos en dous minutos de xogo.[4]
Notas
editar- ↑ "Utah sends Kanter and Novak to Oklahoma City; Detroit also part of deal". NBA.com. 19 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de febreiro de 2015.
- ↑ "Jazz Waive Perkins". NBA.com. 21 de febreiro de 2015. Consultado o 21 de febreiro de 2015.
- ↑ "Cavs Sign Kendrick Perkins". NBA.com. 25 de febreiro de 2015. Consultado o 25 de febreiro de 2015.
- ↑ "Love hits 8 3-pointers, Cavaliers beat Pistons 102-93". Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2015. Consultado o 25 de febreiro de 2015.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 20 de outubro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)