Jeff Green

baloncestista estadounidense

Jeffrey Lynn Green, nado o 28 de agosto de 1986 en Cheverly, Maryland, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Houston Rockets da National Basketball Association (NBA).

Jeff Green
Houston Rockets – No. 32
Posición Ala / Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 28 de agosto de 1986 (37 anos)
Cheverly, Maryland
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso oficial 107 kg (235 lb)
Información da carreira
Instituto Northwestern HS (Hyattsville, Maryland)
Universidade Georgetown (2004–2007)
NBA Draft 2007 / Rolda: 1 / Elección: 5
Por Boston Celtics
Carreira dende 2007
Historial de equipos
Seattle SuperSonics / Oklahoma City Thunder (2007–2011)
Boston Celtics (2011-2015)
Memphis Grizzlies (2015–2016)
Los Angeles Clippers (2016)
Orlando Magic (2016–2017)
Cleveland Cavaliers (2017–2018)
Washington Wizards (2018–2019)
Utah Jazz (2019)
Houston Rockets (2020)
Brooklyn Nets (2020–2021)
Denver Nuggets (2021–2023)
Houston Rockets (2023–presente)
Premios e galardóns
1º Equipo de Rookies NBA (2008)

Traxectoria profesional editar

Green foi elixido na 5ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Boston Celtics. Máis tarde foi traspasado aos Seattle Supersonics xunto a Wally Szczerbiak, Delonte West e unha futura elección de segunda rolda, a cambio de Ray Allen e Glen Davis.

Green foi elixido no primeiro equipo de Rookies da NBA de 2008 xunto co seu compañeiro Kevin Durant.[1] Green ademais xogou no partido de Rookies contra Sophomores do All-Star Weekend da NBA de 2009, onde anotou 13 puntos e fixo 2 roubos de balón na vitoria dos Sophomores.

O 24 de febreiro de 2011, Green foi traspasado xunto con Nenad Krstić e a elección de primeira rolda do Draft de 2012 dos Los Angeles Clippers aos Celtics, a cambio de Kendrick Perkins e Nate Robinson. O 22 de agosto de 2012, Green asinou un novo contrato cos Celtics.[2]

O 12 de xaneiro de 2015, Green foi traspasado ós Memphis Grizzlies nun traspaso entre os Celtics, os Grizzlies e os New Orleans Pelicans.[3]

O 18 de febreiro de 2016 foi traspasado ós Los Angeles Clippers a cambio de Lance Stephenson e unha futura elección protexida da primeira rolda do Draft.[4]

O 7 de xullo de 2016, Green asinou cos Orlando Magic.[5]

O 11 de xullo de 2017, asinou cos Cleveland Cavaliers.[6]

Notas editar

  1. http://www.nba.com/news/all_rookie_080513.html Arquivado 31 de xullo de 2008 en Wayback Machine. | 2008 All-Rookie Team
  2. "Celtics Sign Jeff Green". 22 de agosto de 2012. Consultado o 22 de agosto de 2012. 
  3. "Memphis Grizzlies acquire Jeff Green and Russ Smith in three-team trade with Boston Celtics and New Orleans Pelicans". NBA.com. 12 de xaneiro de 2015. Consultado o 12 de xaneiro de 2015. 
  4. "LA Clippers Acquire Jeff Green From Memphis". NBA.com. 18 de febreiro de 2016. Consultado o 18 de febreiro de 2016. 
  5. Denton, John (7 de xullo de 2016). "Orlando Magic Sign Jeff Green". NBA.com. Consultado o 7 de xullo de 2016. 
  6. "Cavaliers Sign Jeff Green". NBA.com. 11 de xullo de 2017. Consultado o 11 de xullo de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar