Nate Robinson

baloncestista estadounidense

Nathaniel "Nate" Robinson, nado o 31 de maio de 1984 en Seattle, Washington, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que actualmente é axente libre. Gañou o Concurso de Mates do All-Star Weekend da NBA nos anos 2006, 2009 e 2010, pasando a ser o único xogador da historia da NBA en gañar tres concursos de mates, a pesar de ter 1,75 metros de estatura.

Nate Robinson
Axente libre
Posición Base
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 31 de maio de 1984 (39 anos)
Washington Seattle, Washington
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,75 m (5 ft 9 in)
Peso oficial 82 kg (180 lb)
Información da carreira
Universidade Washington (2002–2005)
NBA Draft 2005 / Rolda: 1 / Elección: 21
Por Phoenix Suns
Carreira dende 2005
Historial de equipos
New York Knicks (2005-2010)
Boston Celtics (2009-2011)
Oklahoma City Thunder (2011)
Golden State Warriors (2012)
Chicago Bulls (2012-2013)
Denver Nuggets (2013-2015)
Los Angeles Clippers (2015)
New Orleans Pelicans (2015)
Premios e galardóns
3× Concurso de mates (2006, 2009, 2010)
Información en nba.com

Traxectoria editar

Universidade editar

Nate tivo unha exitosa carreira universitaria, levando aos Washington Huskies a boas posicións na NCAA no ano 2005. Robinson tamén xogou ao fútbol americano en Washington, onde se formou coma un potente cornerback. Candou chegou á universadade, tivo que optar por un só deporte, elixindo o baloncesto.

NBA editar

Nate Robinson foi escollido no Draft de 2005 por Phoenix Suns, na 21ª posición. Rapidamente, a franquía traspasouno aos New York Knicks xunto con Quentin Richardson. Foi un dos primeiros en participar na pelexa dos Knicks e os Denver Nuggets, ocorrida o 16 de decembro do 2006.

O 18 de febreiro de 2006, en Houston,Texas, Robinson gañou o seu primeiro concurso de mates, impoñéndose por 141-140 a Andre Iguodala, nunha vitoria un tanto polémica, xa que necesitou 14 intentos para lograr o último mate. Ao seguinte ano, Nate trocou o seu dorsal 4 polo 2, que levaba no instituto. En Dallas, no All Star Weekend do 13 de febreiro, venceu ao rookie dos Toronto Raptors, DeMar DeRozan. O xogador no llo puxo fácil, pero Nate levou finalmente o trofeo para a súa casa.

O 18 de febreiro de 2010 foi traspasado aos Boston Celtics xunto a Marcus Landry a cambio de Bill Walker, J.R. Giddens e Eddie House.

O 24 de febreiro de 2011 foi traspasado aos Oklahoma City Thunder xunto con Kendrick Perkins a cambio de Jeff Green e Nenad Krstic. O 24 de decembro de 2011, deixou os Thunder e converteuse en axente libre.

O 4 de xaneiro de 2012, asinou un contrato cos Golden State Warriors.[1] Na tempada 2011-12, acadou 11.2 puntos, 4.5 asistencias e 2 rebotes por partido en 51 encontros xogados.

O 31 de xullo de 2012, asinou un contrato cos Chicago Bulls.[2]

O 26 de xullo de 2013, asinou un contrato cos Denver Nuggets.[3] O 13 de xaneiro de 2015, foi traspasado ós Boston Celtics a cambio de Jameer Nelson.[4] Dous días máis tarde, foi cortado polos Celtics.[5]

Notas editar

  1. "Warriors sign free agent guard Nate Robinson". Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2012. Consultado o 05 de xaneiro de 2012. 
  2. Friedell, Nick (31 de xullo de 2012). "Bulls sign Nate Robinson". ESPN Chicago. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2012. Consultado o 06 de marzo de 2015. 
  3. "Denver Nuggets Sign Free-Agent Guard Nate Robinson". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2013. Consultado o 06 de marzo de 2015. 
  4. Boston Celtics Complete Trade With Denver Nuggets
  5. Boston Celtics Complete Three-Team Trade

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar