DeMar DeRozan

baloncestista estadounidense

DeMar Darnell DeRozan, nado o 7 de agosto de 1989 en Compton, California, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga nos Chicago Bulls da National Basketball Association (NBA). Con 2,01 metros de altura, xoga na posición de escolta.

DeMar DeRozan
Chicago Bulls – No. 11
Posición Escolta
Información persoal
Nacemento 7 de agosto de 1989 (34 anos)
California Compton, California
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 100 kg (220 lb)
Información da carreira
Universidade USC (2008–2009)
NBA Draft 2009 / Rolda: 1 / Elección: 9
Por Toronto Raptors
Carreira dende 2009
Historial de equipos
Toronto Raptors (2009–2018)
San Antonio Spurs (2018–2021)
Chicago Bulls (2021–presente)
Premios e galardóns

Traxectoria deportiva editar

Universidade editar

Tras participar en 2008 no prestixioso McDonald's All American Team,[1] no cal ademais logrou gañar o concurso de mates,[2] xogou unha única tempada cos Trojans da Universidade do Sur de California, na que fixo 13,9 puntos e 5,7 rebotes por partido.[3] Foi elixido coma mellor xogador do torneo da Pacific-10 Conference, tras facer 19,8 puntos no mesmo, e estar incluído no mellor quinteto de novatos da conferencia.[4] O 8 de abril de 2009 DeRozan anunciou que se declaraba elixible para o Draft da NBA, renunciando aos seus tres últimos anos de universidade.[5]

Estatísticas editar

Tempada Equipo P PTS REB AST ROUB TAP %TC %3P %TL MIN PER
2008-09 USC Trojans 35 13.9 5.7 1.5 0.9 0.4 .523 .167 .646 33.4 2.1
Total: 35 13.9 5.7 1.5 0.9 0.4 .523 .167 .646 33.4 2.1

NBA editar

DeRozan foi escollido polos Toronto Raptors no Draft da NBA de 2009 no posto número nove da primeira rolda.[6] O 9 de xullo de 2009, asinou o seu contrato de rookie cos Raptors.[7]

O 18 de xullo de 2018, DeRozan foi traspasado xunto a Jakob Pöltl e unha elección da primeira rolda do Draft de 2019 ós San Antonio Spurs, a cambio de Kawhi Leonard e Danny Green.[8]

Notas editar

  1. "McDonald's All American Teams". Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2016. Consultado o 18 de setembro de 2009. 
  2. "Demar DeRozan Wins McDonald's All-American Dunk Contest". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2008. Consultado o 18 de setembro de 2009. 
  3. DeMar DeRozan Stats, News, Photos - USC Trojans
  4. "NBA.com - DRAFT 2009 Prospects - DeMar DeRozan". Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2009. Consultado o 18 de setembro de 2009. 
  5. USC's DeRozan says he's entering NBA draft
  6. "2009 NBA Draft". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2009. Consultado o 18 de setembro de 2009. 
  7. "Raptors Sign First-Round Pick DeMar DeRozan | THE OFFICIAL SITE OF THE TORONTO RAPTORS". Nba.com. 9 de xullo de 2009. Consultado o 21 de agosto de 2016. 
  8. "Spurs obtain DeMar DeRozan, Jakob Poeltl and first round pick from Raptors in exchange for Kawhi Leonard and Danny Green". NBA.com. 18 de xullo de 2018. Consultado o 18 de xullo de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar