Seattle SuperSonics
(Redirección desde «Seattle Supersonics»)
Os Seattle SuperSonics (tamén coñecidos habitualmente como Sonics) foron un equipo profesional de baloncesto estadounidense con sede en Seattle, Washington, que xogou nas divisións Pacífico e Noroeste da National Basketball Association (NBA) dende 1967 até 2008. A partir da tempada 2007-08, a franquía trasladouse a Oklahoma City, xogando agora co nome de Oklahoma City Thunder. Con todo, o nome do equipo, o logo e as cores estarán dispoñibles no caso da volta dun equipo a Seattle.[1] De acordo cos donos do equipo Oklahoma, a historia da franquía será compartida entre os Thunder e calquera novo equipo futuro de Seattle.[2]
Seattle SuperSonics | |
---|---|
Información xeral | |
Conferencia | Oeste |
División | Noroeste |
Fundación | 1967 |
Historia | Seattle SuperSonics (1967−2008) Oklahoma City Thunder (desde 2008) |
Cores | Verde, dourado, branco |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | KeyArena |
Capacidade | 17.072 espectadores |
Inauguración | 21 de abril de 1962 |
Títulos | |
Campión | 1 (1979) |
Conferencia | 3 (1978, 1979, 1996) |
División | 6 (1979, 1994, 1996, 1997, 1998, 2005) |
supersonics.com |
- Este artigo trata sobre a desaparecida franquía dos Seattle SuperSonics, para a franquía actual véxase: Oklahoma City Thunder.