Dahntay Jones

baloncestista estadounidense

Dahntay Lavall Jones, nado o 27 de decembro de 1980 en Trenton, Nova Jersey, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que actualmente xoga nos Cleveland Cavaliers da National Basketball Association (NBA).

Dahntay Jones
Cleveland Cavaliers – No. 30
Posición Ala / Escolta
Información persoal
Nacemento 27 de decembro de 1980 (43 anos)
Nova Jersey Trenton, Nova Jersey
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 95 kg (210 lb)
Información da carreira
Instituto Steinert (Hamilton, New Jersey)
Universidade Rutgers (1998–2000)
Duke (2001–2003)
NBA Draft 2003 / Rolda: 1 / Elección: 20
Por Boston Celtics
Carreira dende 2003
Historial de equipos
Memphis Grizzlies (2003−2007)
Sacramento Kings (2007−2008)
Denver Nuggets (2008−2009)
Indiana Pacers (2009−2012)
Dallas Mavericks (2012−2013)
Atlanta Hawks (2013)
Fort Wayne Mad Ants (2014−2015)
Los Angeles Clippers (2015)
Grand Rapids Drive (2015–2016)
Cleveland Cavaliers (2016−presente)

Traxectoria editar

Foi elixido na 20ª posición do Draft da NBA de 2003 polos Boston Celtics, quen traspasaron os seus dereitos xunto cos de Troy Bell aos Memphis Grizzlies, a cambio dos dereitos de Kendrick Perkins e Marcus Banks. Jones xogou as súas primeira catro tempadas coma profesional nos Grizzlies, acadando 5.0 puntos por partido.

Na tempada 2006-07, ningún equipo lle fichou ata o 26 de setembro de 2007, cando Jones asinou un contrato non garantido cos Boston Celtics,[1] pero foi despedido polo equipo pouco máis tarde, o 25 de outubro de 2007.[2]

Jones asinou cos Sacramento Kings o 10 de decembro de 2007.[3] Foi cortado o 16 de febreiro de 2008. Asinou cos Denver Nuggets en xullo de 2008 para a tempada 2008-09.[4] Durante a súa estancia nos Nuggets, Jones mellorou as súas habilidades e xogou de titular en 72 partidos. Xogou cos Denver Nuggets que chegaron ás finais da Conferencia Oeste en 2009. O 14 de xullo de 2009, Jones asinou un contrato cos Indiana Pacers.

O 12 de xullo de 2012, foi traspasado ós Dallas Mavericks.[5] O 21 de febreiro de 2013, Jones foi traspasado ós Atlanta Hawks a cambio de Anthony Morrow.[6] O 27 de setembro de 2013, asinou cos Chicago Bulls.[7] Porén, foi cortado o 8 de outubro.[8] O 14 de xaneiro de 2015, asinou un contrato de dez días cos Los Angeles Clippers.[9]

Notas editar

  1. Peter May, Camp Roster Set, The Boston Globe
  2. Gary Dzen, C's waive Jones, Manuel, The Boston Globe
  3. "Sacramento Kings - Kings sign former Grizzlie - sacbee.com". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2008. Consultado o 07 de xuño de 2011. 
  4. Nuggets Sign Dahntay Jones
  5. It's Official: Pacers Trade Mahinmi for Collison, Jones
  6. "Mavericks deal for guard Anthony Morrow". NBA.com. 21 de febreiro de 2013. Consultado o 22 de febreiro de 2013. 
  7. "Patrick Christopher, Mike James, Dahntay Jones, Kalin Lucas, Dexter Pittman and D.J. White in Bulls training camp". Arquivado dende o orixinal o 29 de outubro de 2013. Consultado o 31 de outubro de 2013. 
  8. "Chicago Bulls waive Dahntay Jones". Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2013. Consultado o 31 de outubro de 2013. 
  9. CLIPPERS SIGN DAHNTAY JONES TO 10-DAY CONTRACT

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar