Bob Houbregs

baloncestista canadense

Robert J. "Bob" Houbregs, nado o 12 de marzo de 1932 en Vancouver, Columbia Británica e finado o 28 de maio de 2014, foi un xogador profesional de baloncesto canadense que disputou cinco tempadas na NBA. Con 2,00 metros de estatura, xogaba na posición de ala-pivote.

Bob Houbregs
Posición Ala-pivote
Dorsal 10, 14, 8, 20, 17
Altura 2,00 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 95 kg (210 lb)
Nacemento 12 de marzo de 1932 (92 anos)
Vancouver, Canadá
Carreira
Universidade University of Washington
NBA Draft 1953 / Rolda: 1 / Elección: 2
Por Milwaukee Hawks
Tempadas 19531958
Equipo(s)
Estatísticas (NBA)
Puntos     2 611
Rebotes     1 552
Asistencias     500
Stats @ Basketball-Reference.com
Premios
  Basketball Hall of Fame como xogador

Traxectoria deportiva editar

Universidade editar

Xogou durante catro tempadas cos Huskies da Universidade de Washington, entre 1949 e 1953. Na súa última tempada foi elixido All-American tras levar ao seu equipo á Final Four e converterse no máximo anotador da mesma. Aínda mantén 10 récords da súa universidade, entre eles os de máis puntos nun partido, con 49. De feito é o autor do tres mellores rexistros da historia dos Huskies, anotando tamén 45 e 42.[1] Nas súas catro tempadas fixo 19,5 puntos e 10,7 rebotes por partido.[2]

Profesional editar

Foi seleccionado na segunda posición do Draft da NBA de 1953 por Milwaukee Hawks, pero inmediatamente fichou por Baltimore Bullets, fichando ao ano seguinte tras a desaparición do equipo por Fort Wayne Pistons, cos que chegou ás Finais da NBA en 1956, caendo ante Philadelphia Warriors por 4-1.[3]

Na tempada 1957-58 o equipo trasládase a Detroit, onde tan só xogaría 17 partidos, xa que unha grave lesión obrigoulle a deixar o baloncesto.[1] Nas súas cinco tempadas fixo 9,3 puntos e 5,5 rebotes por partido. En 1987 foi incluído no Basketball Hall of Fame, e en 2000 no seu homónimo canadense.[4]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar