Abrir o menú principal

Walter A. Brown, nado o 10 de febreiro de 1905, finado o 7 de setembro de 1964, foi o primeiro propietario do equipo Boston Celtics da NBA e unha figura importante no hóckey sobre xeo nos Estados Unidos.

Walter Brown
Walter A. Brown, Boston Celtics, 1960.jpg
Nacemento10 de febreiro de 1905
 Boston
Falecemento7 de setembro de 1964
 Boston
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterPhillips Exeter Academy
Ocupaciónxogador de hóckey sobre xeo
PremiosHockey Hall of Fame
editar datos en Wikidata ]

Nacido en Hopkinton, Massachusetts, asistiu á Boston Latin School dende 1922 até 1923 e á Philips Exeter Academy de 1923 a 1926. Tras suceder a seu pai como manager do Boston Garden, axudou a fundar a BAA en 1946, e foi unha peza fundamental na unión entre as ligas BAA e NBL en 1949 que actualmente forma a NBA. Fundou os Celtics en 1945 e como propietario gañou seis aneis en oito anos antes do seu pasamento.

En 1965 entrou no Basketball Hall of Fame, e no de hóckey en 1962.