Coordenadas: 42°21′57″N 71°03′42″O / 42.365697222222, -71.061716666667

O Boston Garden foi un famoso estadio cuberto construído en 1928 en Boston, Massachusetts polo arquitecto George Lewis Rickard, o mesmo que deseñou tamén a terceira versión do Madison Square Garden de Nova York. Este feito fixo que ao pavillón de Boston se lle chamase inicialmente "Boston Madison Square Garden", recortando máis tarde o seu nome. Foi demolido no ano 1997, poucos anos despois da finalización do que sería o seu sucesor, o Fleet Center, chamado agora TD Garden.

Boston Garden
Boston Garden
Datos
Localización Boston, Massachusetts
Outros nomesBoston Madison Square Garden
Construción
Inauguración17 de novembro de 1928
Peche28 de setembro de 1995
DemoliciónNovembro de 2007
ArquitectoTex Rickard
Custo$4 millóns
Estadio
CapacidadeBaloncesto: 14.890
Hóckey sobre xeo: 13.909
PropietarioDelaware North Companies
LocalíaBoston Celtics (NBA)
Boston Bruins (NHL)
Boston Braves (AHL)
New England Whalers (WHA)
Boston Blazers (NLL)
Eventos

Historia editar

O deseño orixinal do Boston Garden estaba feito inicialmente polo seu arquitecto Tex Rickard para eventos de boxeo, o cal fixo que, cando finalmente se destinou ao hockey sobre xeo, e sobre todo ao baloncesto, o público estivese moito máis preto dos xogadores que noutros recintos. Un dos aspectos máis coñecidos do Garden era o seu parqué, o cal non formaba parte orixinalmente da cancha, senón que foi instalado despois de desmontalo do Boston Arena, antiga sede dos Boston Celtics. Dicíase que os xogadores dese equipo coñecían á perfección o bote do balón en certas zonas do mesmo, o cal contribuíu a que gañasen moitos campionatos da NBA. Este parqué estivo instalado no Fleet Center ata o 22 de decembro de 1999. Tras a demolición do Boston Garden, o parqué foi cortado en pequenos anacos e vendido nas tendas de Boston. Parte do mesmo tamén integra o parqué do novo pavillón.

O Boston Garden era tamén coñecido polos seus erros na construción. Había grandes piares de cemento que non deixaban ver dende certas localidades. Ademais, o vestiario visitante era moito máis pequeno e incómodo que o local, algo que os equipos rivais aborrecían, especialmente os Lakers.

Capacidade editar

O Garden tiña unha capacidade de 14.890 localidades, que se vía reducida a 14.448 espectadores cando se instalaba o xeo para os partidos dos Boston Bruins.

Eventos editar

O Boston Garden foi escenario de moreas de concertos e outro tipo de actos, algúns dignos de mención. En 1968 o cantante James Brown ofreceu un concerto ante apenas uns centos de seguidores a mesma noite que foi asasinado Martin Luther King, mentres no resto de cidades norteamericanas as manifestacións se sucedían. En 1975 a banda Led Zeppelin tivo que suspender un concerto polas baixas temperaturas baixo cero que tiveron que soportar os seus seguidores á hora de conseguiren unha entrada, e un ano máis tarde a Kiss foille prohibido actuar pola súa montaxe chea de elementos pirotécnicos.

Outros grupos e cantantes salientables que actuaron alí son: AC/DC, Aerosmith, Bad Company, The Band, The Beach Boys, The Beatles, Black Sabbath, Boston, The Cars, Alice Cooper, Cream, Deep Purple, The Eagles, Emerson, Lake and Palmer, Foreigner, Guns and Roses, Jimi Hendrix, Metallica, Ted Nugent, Ozzy Osbourne, Pearl Jam, Pink Floyd, The Police, Queen, The Rolling Stones, Rush, Bruce Springsteen, Styx, U2, Van Halen, The Who, Yes e ZZ Top.

No que se refire a eventos deportivos, celebráronse no Garden 7 edicións da Stanley Cup, 19 Finais da NBA, 4 edicións do All Star da NBA e un All Star da NHL. O último partido oficial que se xogou foi o que enfrontou os Boston Bruins e os New Jersey Devils nos playoffs da NHL o 14 de maio de 1995.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar