Alice Cooper
Alice Cooper, é unha banda de Hard rock e Rock and roll que tivo o seu maior auxe nos anos 70, e, máis tardiamente, o nome artístico do ex-líder da banda, Vincent Damon Furnier, nado en Detroit o 4 de febreiro de 1948, como solista e compositor de Rock, tocando subxéneros coma o Hard rock, Glam rock, New wave ou Heavy metal, ó longo da súa carreira. É coñecido polas súas presentacións en vivo, frecuentemente teatrais e violentas, cheas de maquillaxe, cadeiras eléctricas, forcas, guillotinas, cabezas decapitadas artificiais e sangue falso. O humor, frecuentemente, forma parte dos seus traballos e entrevistas.
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Vincent Damon Furnier 4 de febreiro de 1948 (76 anos) Detroit, Estados Unidos de América |
Outros nomes | Alice Cooper |
Relixión | Cristianismo e Igreja de Jesus Cristo (pt) |
Educación | Cortez High School (en) Glendale Community College (en) |
Actividade | |
Ocupación | actor, compositor, músico de rock, vocalista, cantante |
Período de actividade | 1963 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock, hard rock, heavy metal, shock rock (pt) , Glam rock, heavy metal tradicional (pt) , garage rock e Glam metal |
Instrumento | Harmónica e voz |
Selo discográfico | Straight MCA Records Epic Records Warner Music Group Atlantic Records Warner Records |
Familia | |
Cónxuxe | Sheryl Cooper (1976–) |
Fillos | Calico Cooper |
Parentes | Dave Mustaine, afilhado |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | alicecooper.com |
|
Traxectoria
editarNacido na cidade de Detroit, en 1948, Vincent Furnier formou as súas primeiras bandas na década dos 60. A pesar de ter sido moitas, só "Nazz" obtivo algunha repercusión, chegando a realizar algunhas gravacións.
Finalmente, en 1969, montou a "Alice Cooper Band" xunto con Mike Bruce e Glen Buxon (guitarras), Dennis Dunaway (baixo) e Neil Smith (batería). O primeiro álbum, "Pretties For You", non tivo moito éxito.
A carreira do grupo comezou a coller pulo cando o produtor Bob Ezrin aconsellou ao vocalista facer, alén de cantar, representacións diabólicas nos espectáculos, abusando dos efectos de horror, cobras, sangue e escenas teatrais. Co disco "Easy Action", de 1970, chamarán a atención dos medios e das discográficas, conseguindo un contrato coa Warner Brothers.
O éxito definitivo chegou cos clásicos "Love It to Death" (1971) e "School's Out" (1972), seguidos por "Billion Dollar Babies" (1973), cando chegaron ao cumio en todo o mundo. Ao mesmo tempo en que coñecían a fama, os integrantes da banda víanse nunha difícil situación: o abuso de drogas e alcohol por parte de Vincent era cada vez máis frecuente. Deciden, por tanto, seguir coa banda sen el, mudando o nome do grupo para Billion Dollar Babies, mais non se mantiveron no panorama musical.
Vincent entón adopta o nome Alice Cooper, anteriormente da banda, para si mesmo, e pasa a seguir a súa carreira só. Gravou "Welcome to My Nightmare", en 1975. Ese disco foi moi ben recibido e o Hard Rock practicado polo vocalista sumado ao espectáculo teatral en que se transformaran os seus concertos déronlle cada vez mais éxito.
Mais non todos os álbums foron tan ben. Non por falta de creatividade ou de capacidade de Alice, senón por causa do vicio que prexudicaba a súa vida e consecuentemente o seu traballo. A pesar de haber internado nalgunhas clínicas de recuperación, a súa fama era mantida polos shows, sempre fortes, xa que os álbums continuaban frouxos e sen o mesmo pique do inicio. Soamente en 1989, con "Trash", e en 1991, con "Hey Stoopid", Alice volveu a figurar nas listas de radios e na MTV.
En 2000, o álbum "Brutal Planet", un dos máis fortes de toda a súa carreira, tamén foi moi ben recibido, sendo seguido por unha extensa tourné con practicamente todos os shows multitudinarios.
No ano seguinte veu "Dragontown", unha especie de continuación do álbum anterior, con letras sarcásticas e o son máis arrastrado. Un pouco máis de vagar, é verdade, mais sen deixar nunca de soar pesado, como só Alice Cooper sabe facer. A batería unha vez máis foi por conta do competente Eric Singer, consagrado por ter tocado en diversas bandas, principalmente en Kiss.
En 2003, o cantante estaba de volta co seu máis recente traballo, o disco “The Eyes of Alice Cooper”, reunindo 13 pezas e letras sarcásticas.
De volta aos estudios en 2005, Alice Cooper lanzou en agosto o álbum “Dirty Diamonds”, pola New West Records. Un ano despois o cantante estaba de volta co material en vivo “Alice Cooper Box – Collector’s Edition”, reunindo rexistros en vivo das tournés “Welcome to My Nightmare” de 1970 e “Brutally Live” de 2000.
Discografía
editar- Pretties for you (1969)
- Easy Action (1970)
- Love it to death (1971)
- Killer (1971)
- School's out (1972)
- Billion dollar babies (1973)
- Muscle of love (1973)
- Alice Cooper Greatest Hits (1974)
- Welcome to my nightmare (1975)
- Alice Cooper goes to hell (1976)
- Lace and Whiskey (1977)
- The Alice Cooper Show (1977)
- From the inside (1978)
- Flush the fashion (1980)
- Special forces (1981)
- Zipper catches skin (1982)
- DaDa (1983)
- Constrictor (1986)
- Raise your fist and yell (1987)
- Trash (1989)
- Hey Stoopid (1991)
- The last temptation (1994)
- A fistful of Alice (1997)
- The life and crimes of Alice Cooper (box set - 1999)
- Brutal planet (2000)
- The definitive Alice Cooper (2001)
- Dragontown (2001)
- The Eyes of Alice Cooper (2003)
- Dirty Diamonds (2005)
- Along Came A Spider (2008)
- Welcome 2 My Nightmare (2011)
- Paranormal (2017)
- Detroit Stories (2021)
- Road (2023)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarA Galicitas posúe citas sobre: Alice Cooper |
- The Official Alice Cooper Site Páxina inicial oficial