Deep Purple
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2020.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Deep Purple é un grupo de rock inglés xurdido en Hertfordshire en 1968. Está considerado un dos pioneiros do heavy metal e do hard rock moderno, aínda que o seu estilo musical ten variado cos anos.
Deep Purple | |
---|---|
Deep Purple "Mark VIII" | |
Orixe | Londres, Inglaterra |
Período | 1968 - 1976 1984 - presente |
Xénero(s) | hard rock, heavy metal, blues-rock, rock progresivo |
Selo(s) discográfico(s) | EMI Edel |
Membros | Ian Gillan Steve Morse Roger Glover Don Airey Ian Paice |
Na rede | |
www.deeppurple.org | |
Traxectoria
editarNos seus primeiros tempos integrábano músicos de rhythm and blues como John Lord, Nicky Simper ou o solista Rod Evans, un guitarrista tan duro como Ritchie Blackmore, e un batería tan caracterizado, enerxético e repetitivo coma Ian Paice. Os seus primeiros temas son versións e dan lugar a unha primeira época onde Lord imprime un carácter sintético entre o blues, o rock sinfónico máis denso e algunhas resonancias tomadas de The Beatles, con álbums como Book of Taliesyn e o que leva o nome do grupo e sérvelles de tarxeta de presentación. O teclista Jon Lord sendo un fanático da música clásica compón en 1970 o Concerto for Group and Orquestra en colaboración có trompetista e compositor británico Malcolm Arnold). Peza que o grupo grava ese mesmo ano no Royal Albert Hall de Londres coa colaboración da Real Orquestra Filharmónica de Inglaterra.
A segunda época, que arranca de 1970, relacionará ós incorporados Ian Gillan (voz) e Roger Glover (produción e baixo), que tomarían partido pola liña propugnada por Blackmore: In Rock (1970) será unha contundente mostra desta etapa, á que seguiron Fireball (1971), Machine Head (1972) e o mítico dobre Made in Japan (1972), que define o seu retrato máis difundido e aceptado, pero á custa de prexudicar o futuro da banda, xa que sendo un dos grupos que máis discos en directo sacaron, todos estes se basean nas mesmas 7 cancións.
O disco single Smoke On The Water está considerado un clásico no seu xénero polo seu atronador arranxo e a súa repetitiva liña guitarrística.
A banda disgrégase en 1973 coa marcha de Gillan que é substituído por David Coverdale, e a saída de Roger Glover que cambia o seu posto con Glen Hughes. Finalmente en 1975 gravan o Made in Europe durante a última xira do grupo por Europa, nesa época Ritchie Blackmore xa formará a súa propia banda (Ritchie Blackmore´s Rainbow).
A mediados dos anos oitenta a banda recomponse en parte xa que os cambios na guitarra (Ritchie Blackmore, Tommy Bolin...) e no cantante (Ian Gillan, David Coverdale...) son constantes.
Discografía
editarÁlbums de estudio
editarÁlbum | Ano | Selo | Compoñentes |
---|---|---|---|
Shades of Deep Purple | 1968 | Tetragrammaton, Parlophone | Blackmore-Evans-Paice-Simper-Lord |
The Book of Taliesyn | 1968 | Tetragrammaton, Harvest | Blackmore-Evans-Paice-Simper-Lord |
Deep Purple | 1969 | Tetragrammaton, Harvest | Blackmore-Evans-Paice-Simper-Lord |
Deep Purple in Rock | 1970 | Harvest | Blackmore-Gillan-Paice-Glover-Lord |
Fireball | 1971 | Harvest, Warner | Blackmore-Gillan-Paice-Glover-Lord |
Machine Head | 1972 | Purple, Warner Bros. | Blackmore-Gillan-Paice-Glover-Lord |
Who Do We Think We Are? | 1973 | Purple, Warner Bros. | Blackmore-Gillan-Paice-Glover-Lord |
Burn | 1974 | Purple, Warner Bros. | Blackmore-Coverdale-Paice-Hughes-Lord |
Stormbringer | 1974 | Purple, Warner Bros. | Blackmore-Coverdale-Paice-Hughes-Lord |
Come Taste the Band | 1975 | Purple, Warner Bros. | Bolin-Coverdale-Paice-Hughes-Lord |
Perfect Strangers | 1984 | Polydor, Mercury | Blackmore-Gillan-Paice-Glover-Lord |
The House of Blue Light | 1987 | Polydor, Mercury | Blackmore-Gillan-Paice-Glover-Lord |
Slaves & Masters | 1990 | RCA, BGM | Blackmore-Turner-Paice-Glover-Lord |
The Battle Rages on... | 1993 | RCA, BGM, Giant | Blackmore-Gillan-Paice-Glover-Lord |
Purpendicular | 1996 | RCA, BGM, CMC | Morse-Gillan-Paice-Glover-Lord |
A.BanD.On | 1998 | EMI, BGM, CMC | Morse-Gillan-Paice-Glover-Lord |
Bananas | 2003 | EMI, Sanctuary | Morse-Gillan-Paice-Glover-Airey |
Rapture of the Deep | 2005 | Edel, Eagle, Victor | Morse-Gillan-Paice-Glover-Airey |
Now What?! | 2013 | earMUSIC, Eagle, Victor | Morse-Gillan-Paice-Glover-Airey |
Infinite | 2017 | earMUSIC | Morse-Gillan-Paice-Glover-Airey |
Whoosh! | 2020 | earMUSIC | Morse-Gillan-Paice-Glover-Airey |
Turning to Crime | 2021 | earMUSIC | Morse-Gillan-Paice-Glover-Airey |
=1 | 2024 |
En vivo
editar- Concerto for Group and Orchestra
- Deep Purple In Concert
- Space Vols 1 & 2
- Gemini Suite Live
- Scandinavian Nights (Live & Rare)
- Made in Japan
- Live in Japan
- California Jamming (Live in the California Jam)
- Live in London
- Made in Europe
- The final Concerts
- Days May Come & Days May Go (Rehearsal Tapes)
- Last concert in Japan
- This time around
- On the Wings of a Russian Foxbat
- In the Absence of Pink (Knebworth 85)
- Nobody's Perfect
- Come Hell or High Water
- Live At NEC
- Live in the Olympia
- Total Abandon
- Live in the Royal Albert Hall
- Live at the Rotterdam Ahoy