Ian Gillan, nado o 19 de agosto de 1945 en Hounslow, Londres, é coñecido por ser o cantante da lendaria banda de hard rock británica Deep Purple.

Infotaula de personaIan Gillan

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de agosto de 1945 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Chiswick, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónArk Acton Academy (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , compositor de cancións , músico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1962 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock, Blues rock, hard rock, rock progresivo e heavy metal tradicional (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
TesituraTenor Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz, Harmónica, Instrumento de percusión, guitarra, piano e Batería Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoEarMUSIC (pt) Traducir
Island Records Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webgillan.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0318775 Facebook: iangillanofficial Spotify: 4QCflfSOonkybNw5D7GqGk iTunes: 56363 Last fm: Ian+Gillan Musicbrainz: ff2a0e30-aec1-44dd-ae06-dc78877f512d Songkick: 82496 Discogs: 349634 Allmusic: mn0000087859 WikiTree: Gillan-207 Deezer: 14681 Editar o valor em Wikidata
Ian Gillan (2003)

Traxectoria editar

En 1970 interpretou o papel de Jesús de Nazaret no disco conceptual orixinal da ópera rock Jesucristo Superstar. Foi tamén, aínda que de xeito moi breve, vocalista de Black Sabbath, outra das grandes bandas do hard rock clásico.

Ian Gillan é considerado un dos cantantes de rock máis destacados e influentes da historia do xénero, pois posuía nos seus inicios un rango de voz moi extenso, no cal movíase sen aparente esforzo, e con moita precisión nos rexistros máis altos. O tema "Child in Time" de Deep Purple, e os seus famosos duelo voz/guitarra xunto a Ritchie Blackmore, son algunhas das mostras máis significativas e sorprendentes diso.

Grazas ás súas contribucións e transcendencia, Gillan é tido como un dos principais xestores do estilo de canto do Hard Rock, e do que a longo prazo sería o do Heavy Metal, e é citado como fonte de inspiración por cantantes como Bruce Dickinson (Iron Maiden), Rob Halford (Judas Priest), James LaBrie (Dream Theater), Sebastian Bach (ex Skid Row), Joe Elliott (Def Leppard) e Andi Deris (Helloween).