Black Sabbath é unha banda inglesa, unha das fundadoras do heavy metal. A formación orixinal contaba con Ozzy Osbourne como cantante, Tony Iommi na guitarra, Terence "Geezer" Butler no baixo e Bill Ward na batería.

Black Sabbath
Black Sabbath en 1999
OrixeBirmingham, Inglaterra Inglaterra
Período1968 - presente
Xénero(s)heavy metal, hard rock, doom metal
Selo(s) discográfico(s)Warner Bros.
I.R.S. Records
EMI
MembrosOzzy Osbourne
Bill Ward
Tony Iommi
Geezer Butler
Antigos membrosRonnie James Dio, Vinny Appice, Ian Gillan, Geoff Nicholls, Tony Martin, Cozy Powell, Neil Murray, Bobby Rondinelli, Laurence Cottle, Terry Chimes, Jo Burt, Bob Daisley, Bev Bevan, Dave Spitz, Eric Singer, Glenn Hughes, David Donato, Ray Gillen
Na rede
http://www.blacksabbath.com
IMDB: nm1277292 Facebook: BlackSabbath Twitter: blacksabbath Instagram: officialsabbath MySpace: blacksabbath Youtube: UCrx-X329UKv0Y06VhfpFVvw Souncloud: blacksabbath Spotify: 5M52tdBnJaKSvOpJGz8mfZ iTunes: 165907 Last fm: Black+Sabbath Musicbrainz: 5182c1d9-c7d2-4dad-afa0-ccfeada921a8 Songkick: 260631 Discogs: 144998 Allmusic: mn0000771438 Deezer: 647 Genius: Black-sabbath Editar o valor em Wikidata

Formouse en Birmingham a finais dos anos 1960s co nome de Polka Tulk Blues Band (ben axiña quedou en só Polka Tulk), e máis tarde Earth. Ao primeiro unha banda de blues-rock, Earth moveuse nunha dirección máis escura cando Geezer Butler, un fan das novelas de maxia negra de Dennis Wheatley, escribiu unha canción cun tema ocultista chamada Black Sabbath (aparentemente inspirada no filme de Boris Karloff de 1963). Cando a banda viu que a confundían con outra banda local tamén chamada Earth, adoptaron o título da canción como o seu novo nome.

Black Sabbath comezou a tocar temas con letras máis escuras e cun estilo máis lento e ameazador ata converterse nunha das bandas clásicas do heavy metal.

Historia editar

Formada en Birmingham, Inglaterra, en 1968, a banda Black Sabbath foi a pioneira no lanzamento das bases do nacente Heavy Metal que asaltou ó Rock nos anos 70 e 80. A maneira violenta de tocar, e as súas letras sanguinarias, machistas, místicas e ante todo sinceras coa realidade do mundo tomáronse coma modelo para numerosos grupos futuros. En 1969 entraron no estudo para gravar o seu primeiro disco. O álbum Black Sabbath chegou ós Top Ten británicos, onde permaneceu por tres meses e conseguiu para a banda un grupo de fans fervorosos en ámbolos lados do Atlántico. Un gran salto para a banda ocorreu coa gravación de Paranoid, un álbum pioneiro de Hard Rock (fundamental para a creación do Heavy Metal posterior). Contando cós riffs cortantes de guitarra de Iommi, e as vocais sinistras de Ozzy e o ritmo de Butler e Ward, Paranoid alcanzou unha mellor posición nas paradas inglesas e chegou a unha similar en América onde permaneceu por máis dun ano, gañando disco de platino.

Master of Reality, o terceiro álbum de Black Sabbath, foi lanzado en agosto de 1971. Entre outras cancións estaban algunhas que se volveron marcas rexistradas da banda, coma Children of the Grave ou Sweet Leaf. Black Sabbath gravou un álbum chamado Vol. 4 no inicio de 1972 en Record Plant, nos Ánxeles. Soando poderosas cancións coma Supernaut e Under The Sun, o álbum revelaría un lado completamente descoñecido da banda, con temas melódicos, coidadosamente escritos e tocados coma Cornucopia e a instigante Laguna Sunrise, unha composición instrumental que tornaría un lugar especial dentro do repertorio da banda. Considerado un dos clásicos do Hard Rock, o álbum de 1973, Sabbath, Bloody Sabbath, gañouse o visto e prace da crítica. Temas coma Killing Yourself to Live, Looking For Today, títulos que introducen a un grupo de letras máis amplas e multifacéticas. Producido, composto e gravado pola banda, Sabbath Bloody Sabbath foi un punto alto na longa carreira da banda. Cando Sabotage, sexto disco de Black Sabbath, foi lanzado en 1975, estaba máis que comprobada a calidade da banda, e tamén era obvio o talento para compoñer dentro do simple estilo que marcou á banda (por algúns tildada de mediocre). En 1976 publican We Sold Our Soul For Rock and Roll, disco recompilatorio da primeira etapa da banda que para moitos foi irrepetible xa que logo introduciríanse de cheo no son máis puramente Heavy.

O mesmo ano publican un novo disco "Technical Ecstasy" que é un dos máis inventivos e orixinais álbums de estudio de Black Sabbath. Tres composicións típicas da banda, coma Back Street Kids, Gypsy, Rock 'N' Roll Doctor e a principal do LP, Dirty Women. Neste albúm comeza a decadencia do grupo, dúas cancións (Dirty women e It´s alright) son cantadas por Bill Ward Sendo o oitavo álbum de estudio dunha carreira que se estende por case tres décadas, o lanzamento de 1978, Never Say Die, trae algunhas das máis memorables letras (para os auténticos Heavys). Never Say Die captura toda a forza da formación orixinal aínda así a canción Swinging the Chain volve ser cantada por Bill Ward xa que Ozzy a rechaza. Foi o último álbum con Ozzy á fronte de Sabbath. Incluíu temas coma Johnny Blade, Breakout, Shock Wave todas tocadas dentro do repertorio da banda en vivo.

En 1979 Ozzy Osbourne foi substituído por Ronnie James Dio, un americano que participara no grupo Elf e que formou parte da banda Rainbow de Ritchie Blackmore. Foi o primeiro cambio dentro da formación do grupo en máis dunha década. Heaven and Hell foi o primeiro álbum có novo cantante, o álbum xa ten un son puramente Heavy. Tódolos temas foron escritos pola banda coa participación de Dio.

En 1980 o antigo representante dos Sabbath, Patrick Meehan, publica Live at last, primeiro álbum en directo de Black Sabbath. O disco superou ó Heaven and hell nas listas británicas de vendas a pesar de que o son é de disco pirata, ten detalles curiosos coma unha longa versión jazzy da rara Wicked world e a preview de Killing yourself to live antes de que fora gravada no disco Sabbath bloody sabbath.

En 1981 sae o segundo álbum como vocalista de Dio e o primeiro álbum co novo batería Vinnie Appice (suple a Bill Ward), Mobb Rules presenta composicións masacrantes coma Turn Up The Night, Sliping Away e The Mob Rules. Este disco consolida á segunda formación de Black Sabbath.

En 1982 Black Sabbath lanzou un álbum en vivo, Live Evil, incluíndo tódolos grandes hits de tódolos álbums lanzados. O que debería ser a consolidación definitiva da segunda formación converteuse nun triste epitafio. Infinidade de historias contan a división do grupo en dous frontes, Iommi/Butler vs. Dio/Appice. Así logo da gravación Ronnie James Dio e Vinnie Appice deixaron a banda. Houbo malos entendidos dentro da banda porque Dio "sabotou" a mestura do álbum para destacar a súa voz dentro da gravación.

En febreiro de 1983, Black Sabbath era un grupo tecnicamente morto, sen cantante e cun complicado álbum en directo na rúa que o grupo se negaba a promocionar. A primeira opción para continuar co grupo foi ofrecerlles os postos vacantes a David Coverdale ( ex-vocalista de Deep Purple) e a Cozy Powell, pero estes preferiron seguir con Whitesnake. Unha noite, Ian Gillan (ex-cantante de Deep Purple e nese momento solista) encóntrase con Tony Iommi e con Geezer Butler nun pub inglés, beben e deciden formar un grupo chamando a Bill Ward. A súa idea era formar un novo grupo pero a discográfica obrigounos a retomar o nome de Black Sabbath. Así gravan Born Again nos Manor Studios en Shipton on Cherwell, Oxfordshire. Ian Gillan compuxo letras ácidas e Iommi a música máis violenta e feroz feita xamais polo grupo. Pero cando tocou producir e mesturar o disco comezaron os problemas. O produtor Robin Black e en certa medida Butler arruinaron o traballo, conseguindo un son metálico, comprimido e sucio. O peor estaba por chegar. Steve "Krusher" Joule (deseñador daquela de Kerrang!) era o produtor ó mesmo tempo das portadas de Ozzy Osbourne e para Black Sabbath (a relación entre ambas bandas non era nada boa) e viuse nun apuro, así que deseñou unha portada que os Sabbath seguro rexeitarían pero a Iommi encantoulle. Ian Gillan afirmou daquela "Vin a portada e vomitei, logo escoitei o disco e volvín vomitar", pero xa era tarde para votarse atrás.

A Bill Ward tiveron que ir buscalo á indixencia de Los Angeles xa que volvérase alcohólico e naquelas condicións non podía saír de xira, contrataron a Bev Evan, batería de Electrc Light Orchestra. Co disco non existía termo medio ou era insoportable ou unha escura e perversa obra mestra. Para o set do escenario Butler dixo "Stonehenge a tamaño natural" (construíuse en fibra de vidro con pezas de 8 metros e medio de alto). A xira foi un desastre, a montaxe só podía montarse completa nos estadios americanos e Gillan non sabía as cancións antigas dos Sabbath e tiña as letras no chan para cantalas (nunha ocasión a néboa artificial impedíalle ver as letras e agachábase no comezo das cancións). Nesta época os Sabbath chegarían a España.

En 1984 Gillan deixa Black Sabbath para retomar a carreira con Deep Purple, a partir de aquí Black Sabbath tivo un constante baile de baixistas: Glenn Hughes, Dave Spitz, Neil Murray; baterías: Cozy Powell, Bobby Rondinelli; e vocalistas: Dave Donato, Jeff Fenholt (modelo que fixo Cristo Superstar), Glenn Hughes (Seventh Star, 1986), Ray Gillen, Tony Martin (The Eternal Idol,1987/ Headless Cross, 1989/ Tyr, 1990/ Cross Purposes, 1994), Ronnie James Dio (Dehumanizer, 1992), Ice-T (Forbidden, 1995). O único compoñente que se mantivo ó longo dos anos foi o guitarrista Tony Iommi que en ó menos dous casos (Born Again e Seventh Star) tivo que manter o nome do grupo polas presións da discográfica.

Finalmente en 1997 xúntanse os músicos orixinais para tocar en directo 20 anos despois no que sería o Reunion.

Discografía editar

Álbum Ano Selo
Black Sabbath 1970 Vertigo Records
Paranoid 1970 Vertigo Records
Master of Reality 1971 Vertigo Records
Volume 4 1972 Vertigo Records
Sabbath Bloody Sabbath 1973 World Wide Artists, Vertigo
Sabotage 1975 Vertigo, Warner Bros.
Technical Ecstasy 1976 Vertigo Records
Never Say Die 1978 Vertigo, Warner Bros.
Heaven & Hell 1980 Vertigo, Warner Bros.
Mob Rules 1981 Vertigo, Warner Bros.
Born Again 1983 Vertigo, Warner Bros.
Seventh Star 1986 Vertigo, Warner Bros.
The Eternal Idol 1987 Vertigo, Warner Bros.
Headless Cross 1989 I.R.S. Records
Tyr 1990 I.R.S. Records
Dehumanizer 1992 I.R.S., Reprise
Cross Purposes 1994 I.R.S. Records
Forbidden 1995 I.R.S. Records
13 2013 Vrtigo, Universal