Boris Karloff
William Henry Pratt, nado en Londres (Inglaterra) o 23 de novembro de 1887 e finado en Midhurst (Sussex) o 2 de febreiro de 1969 foi un actor británico coñecido como Boris Karloff. Está considerado un dos grandes actores clásicos do cinema de terror, xunto con Béla Lugosi e Lon Chaney Jr..
Boris Karloff | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | William Henry Pratt |
Alcume/outros | Boris Karloff |
Nacemento | 23 de novembro de 1887 |
Lugar | Londres |
Falecemento | 2 de febreiro de 1969 |
Lugar | Midhurst, Sussex |
Causa | pneumonía |
Nacionalidade | ![]() |
Relixión | Igrexa Anglicana |
Educado en | King's College de Londres, Uppingham School e Enfield Grammar School |
Pai | Edward John Pratt |
Nai | Eliza Sarah Millard |
Cónxuxe(s) | Grace Harding (1910–1913) Olive de Wilton (1916-1919) Montana Laurena Williams (1920) Helene Vivian Soule (1924–1928) Dorothy Stine (1928–1946) Evelyn Hope Helmore (1946–1969) |
Profesión | Actor |
Na rede | |
http://www.karloff.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo de Edward John Pratt Jr. e a súa terceira muller Eliza Sarah Millard, naceu en Camberwell, Londres, e creceu en Enfield. Orfo na súa mocidade, asistiu a clases na Enfield Grammar School antes de trasladarse á Uppingham School, a Merchant Taylor’s School e, de xeito ocasional, á Universidade de Londres. A primeira idea de Karloff era unirse ao servizo diplomático, como o seu irmán Sir John Henry Pratt, que chegou a converterse nun distinguido diplomático. En 1909 Karloff viaxou ao Canadá, onde cambiou o seu nome. Por motivos de saúde non combateu na primeira guerra mundial.
Cando chegou a Hollywood participou en numerosos filmes mudos, antes de aparecer como o monstro de Frankenstein en Frankenstein (1931), filme que o converteu en estrela e rodou grazas a que Béla Lugosi rexeitou o papel. Un ano despois interpretou outra personaxe icónica, Imhotep, en The Mummy.
A súa altura e o éxito de Frankenstein encadrárono no xénero de terror, realizando numerosos filmes para a Universal Pictures, se ben participou en filmes doutros xéneros, como A patrulla perdida de John Ford en 1934. Karloff interpretou o monstro de Frankenstein dúas veces máis, en Bride of Frankenstein (1935) e en Son of Frankenstein (1939), con Lugosi como o tolo Igor. Son coñecidas as longas sesións de maquillaxe ás que tivo que someterse baixo a dirección do maquillador Jack Pierce e o incómodo traxe e os zapatos de plataforma que lle causaron danos no lombo que sufriu o resto da súa vida.
Sobre os escenarios de Broadway estreou en 1941 a obra Arsenic and Old Lace na que interpretaba un gánster, que ao longo da función era confundido co propio Karloff. Nos seus últimos anos actuou varias veces na televisión e nunca abandonou o teatro.
A pesar dos papeis que o fixeron famoso, Karloff foi coñecido na vida real como un cabaleiro xeneroso, sobre todo coa infancia. Nunca tivo a mal quedar encadrado como actor de filmes de terror, senón que considerou que era unha magnífica oportunidade para demostrar os seus dotes e sempre estivo agradecido por iso.
Finou de pneumonía no King Edward VII Hospital de Midhurst aos 81 anos.
FilmografíaEditar
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Boris Karloff |
BibliografíaEditar
- Lindsay, Cynthia. Dear Boris. Nova York: Knopf, 1975.
- Cortijo, Javier. "El aristócrata del terror". T&B: Madrid, 2000.
Ligazóns externasEditar
- Boris Karloff na IMDb (en inglés).
- Páxina oficial